Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Calamidades políticas e culturais

lunes, 10 de octubre de 2022
Calamidades polticas e culturais Todo son calamidades. A vida está chea de calamidades. Hai vinte días, 390 nenos mortos desde que empezou o conflito ucraíno. Repito: hai xa vinte días. Pedir que oxalá non morreran máis creo que é unha quimera, pois neste tempo xa se atoparon fosas comúns con mortos e máis mortos.

Frase lapidaria e impresionante: "Matarannos ante o silencio do mundo". Sobre a represión que sofren as mulleres iranianas. O mundo cala porque pecha os ollos, e ante os ollos pechos, xa se sabe, corazón que non sente. Aí, como as mulleres non valen o que vale o petróleo, para que actuar? Que se levanten en guerra elas, que nós só iremos por intereses económicos.

A Sanidade galega obriga ós maiores de 80 anos a vacinarse coa cuarta dose contra a Covid-19 indo ós vacunódromos. Aqueles que teñan que ir nunha cadeira de rodas que se poñan ó camiño, que malo será que nas pendentes non pillen impulso para subir as costas. E se non, que lle digan a un familiar que perda a mañá ou o día para levalos. O bonito é que, ante as críticas que houbo xa, o señor conselleiro de Sanidade defende a medida. Como debe ser!

Calamidades políticas e culturaisCalamidade tamén é a nosa culturiña. O Goberno financiou unha investigación entre rapaces de 16 anos e adultos xa de 30 sobre a Guerra Civil española. Descoñecemento total e absoluto do conflito bélico! Algúns ata confesaban que tal guerra debeuse a que o pobo se levantou en armas contra a ditadura de Franco. Outros saben máis do holocausto nazi que da represión española. Recordo sempre que cando coinciden dúas ou tres películas, dous ou tres libros sobre a Guerra Civil, axiña nos alporizamos porque non sabemos facer outra cousa, que tal conflito cansa. Pero se hoxe se sabe tanto dos campos de concentración nazis é grazas ós libros e ás películas. E coñecemos toda a xeografía dos Estados Unidos grazas ós seus filmes.

A última calamidade (por hoxe) é a de sempre, a desa ladaíña de que Galicia é o cu do mundo e Ourense o ollo do cu. Xa sei que é unha repetición absurda, pero non podo evitalo porque é a realidade. O Estado só lle concede a Galicia tres millóns de euros máis que nos presupostos do ano pasado. E a Ourense... Ourense está aquí, coma sempre, para que fagan de nós un pandeiro, para apandar con todos os Gobernos. Que non se alporice moito agora a oposición, que antes de ser oposición gobernou e a ladaíña foi sempre a mesma. Non a repito porque xa a sabedes de memoria.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES