Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 11 de octubre de 2022
O Volante

Son o volante do coche do paisa que empeza a escribir. Son redondo. E tal paisa, ou sexa, tal paspán tráeme tolo. É que me marea! Que se para á dereita, que se para á esquerda. E os golpes; os golpes é o que peor levo. Dáme moitos. Porque se cabrea axiña. Porque o coche que vai diante del circula amodiño, porque fai unha mala manobra ou por calquera outra trapallada. Entón, a maiores dos golpes que me dá, Pingas de Orballo berra como se caeran os santos do ceo. Que mal falado é, carallo! Si, só son palabras groseiras, pero mesmo semella que se acaba o mundo. É un desesperado! Que culpa lle teño eu? Só intento responder ós seus mandados: para a dereita, para a esquerda, quietiño, nunca lle me trabo, que máis quere!
Recoñezo que, fóra desas arroutadas, intenta coidarme ben. Principalmente nos días de moito sol e nas noites de inmensas xeadas. Non lle importa andar uns metros con tal de deixarme a resgardo dun e das outras. Non obstante, cando non lle queda outra, tenme que deixar como me ten que deixar. Nos días de moita calor, e cando se despista de taparme co parasol, aí é onde intento facer uso da miña vinganza: simplemente que lle abraso as mans. Cando as retira coma un foguete xa é tarde; xa lle deixei a miña marca de fábrica nos días de canícula. El nese momento non se dá conta (porque as queimaduras obnubílano), pero, que queredes, éntrame a risa. Unha risa na que van certas angustias de cando berra, esbardalla e golpea. Tamén recoñezo que a base de agarrarme téñolle cariño. Porque ás veces tamén me acariña e iso enche de felicidade toda a miña circunferencia.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES