Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Afganistán

martes, 11 de noviembre de 2008
Os soldados galegos aprendían a selo en Parga ou en Figueirido, xuraban bandeira, e pasaban lánguido e longo tempo de servizo á Patria ocupados en mesteres que se supoñía preparaban o seu ánimo para a vida de maiores que os agardaba.

Podía haber accidentes, pero xeralmente a etapa dos rapaces no Exército era un paréntese na vida real, vida irreal hoxe reservada ós profesionais da milicia.

Os soldados morrían na guerra, pero non había guerra. Hoxe, os soldados morren na paz. Na paz interior, porque viven na guerra participando en pacíficas misións nos lugares máis perigosos do mundo.

De cando en cando prodúcese a traxedia, e case sempre algún galego se ve afectado. O proceso sempre é o mesmo: noticia imprecisa ó comezo, comunicado oficial despois de ter avisado á familia, condolencias das primeiras autoridades do Estado, da autonomía, da provincia, do concello; loito oficial, solemne función relixiosa e multitudinario enterro, condecoracións incluídas. E nada máis.

Mesmo estes días, con motivo do último suceso luctuoso, un medio informativo oficial ousou indicar que cada familia afectada recibiría unha indemnización de cento cuarenta mil euros. Que ocasión perdida de gardar silencio!.

Galicia non está só en Galicia. Galicia está en Afganistán, e dalí veñen ventos de guerra dunha misión de paz.

Seguimos vertendo sangue. Seguimos recibindo condolencias. Seguimos condoéndonos. Pero en algún momento teremos que darnos conta de que esta acción-reacción (morte-pésame) precisa de algo máis; de moito máis.

Desde arriba parecen non enterarse da sangue que flúe por baixo. Galicia sangra por Afganistán, e a frase “acompáñote no sentimento” non chega. E as indemnizacións só solucionan problemas materiais. O problema é outro, máis profundo, máis sentido, máis impreciso, que ninguén ousa abordar. Que nós non sabemos como abordar, pero para eso delegamos nos políticos decisións como as que aquí se precisan.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES