Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Saltimbanquis da lingua

martes, 11 de octubre de 2022
Cambian de lingua nun intre,
artistas son de coidado...
Dinche que falan galego
mais múdanse ó castellano.
Tras co campado falaren
axiña volve o castrapo.

Que estraña mosca os picou?
A verdade, non o sei.
Dinme que son moi corteses,
virtude que non herdei.
Non moito semellan selo
connosco e coa nosa grei!

Portan consigo agachadas
fondas feridas da historia.
Se hai xente "ben", falan "ben",
se son aldeáns, a nosa.

Non saben que así nos rouban
a flor do noso vivir.
flor que enraíza na terra,
naquela na que eu nacín.

Pra destas dores sandares
-burlas, aldraxes, carpir-
non che hai, irmán, mellor cura
có firme creres en ti.

Todas iguais son as linguas,
marelas, brancas e negras
ou doutras cores infindas,
mais fala aquí a galega.

Moitos viñeron de fóra,
mais non vos están aquí.
Ama a lingua que te acolle,
quererate ela a ti!
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES