Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 07 de octubre de 2022
Non era eu

Cando erguín da sesta axiña souben que non era eu. Que non era eu por enteiro. E non porque me erguese atoleirado ou medio durmido aínda, non. Non era eu, non era eu por enteiro porque o lado dereito do meu corpo non era o mesmo que o esquerdo. É que nin se semellaba! A verdade é que me asustei. O meu lado esquerdo si era o meu de sempre, porque seguía a ser delgadiño e ben feito (dentro desa delgadeza). Pero o Pingas de Orballo lado dereito era completamente distinto, principalmente gordo e descompensado en todo. Por exemplo, o que máis me chama atención é o cóbado: ten a forma de fouciño; fai a mesma curva pero completamente ríxida. (O puto fouciño está a amolarme a existencia: por unhas ou outras cousas non deixa de asomar xa polos meus escritos).
Logo, dos dedos da man dereita, saen coitelas como as de Freddy Krueger. Igualiñas, igualiñas cás del. O bico do peito está tan colorado e tan cheíño e tan duro como a mamila dunha muller en excitación. Ai, Deus! A rótula do xeonllo dereito, zas, está por detrás. Non me queda outra que dobrar a perna ó revés. De aí que cando me botei a andar polo corredor da casa afociñei ó instante. Tiven que acostumarme pouco a pouco a tal adversidade. Custoume un ovo. O dereito, claro. Como o digo!
Eu ben vía que non era eu. Aínda así, boteime á rúa. A xente mirábame. Eu púñame colorado. Pero ós quince minutos ata sentín un certo orgullo de non ser eu. Como o conto!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES