Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seleccións temáticas de libros infantís e xuvenís

jueves, 06 de octubre de 2022
Neste afán por dar a coñecer seleccións bibliográficas ao redor dunha determinada temática, de forma que as familias, os centros educativos, as bibliotecas públicas e todas aquelas persoas interesadas nesta produción teñan acceso aos títulos máis Seleccións temáticas de libros infantís e xuvenísrepresentativos, GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Galego) pon á súa disposición unha nova Guía, neste caso, relacionada co medio ambiente.

Clorofila en letra para curar o planeta é o seu título. Pártese da necesidade de que a rapazada se comprometa coa natureza, unha vez que se ten demostrado que os Estados e os seus Gobernos están máis interesados nas cuestións económicas e de mercado que en deixarlles o planeta nas mellores condicións. Tal como vimos ultimamente, unha nena, Greta Thunberg, puxo o cambio climático na axenda mundial, grazas a unha folga que comezou ela soa. Polo tanto, demóstrase que todos somos imprescindibles e que ningunha acción é inútil, que se ben son necesarios os movementos de masas tampouco están mal os individuais cando saen a defender o que importa.

As orixes desta obra están na comunicación "A Educación Ambiental na literatura infantil e xuvenil. A modo de exemplificación" presentada nas VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental en 2009 e á bibliografía do Salón do Libro de Pontevedra que tivo como lema: "Emerxencia literaria! Os libros salvan o planeta" no 2021. Polo tanto, non aparece da nada, senón dun traballo previo e un interese por realizar a selección daqueles libros que xiran ao redor do tema medio ambiental.

Nesta guía, ademais de libros infantís e xuvenís, introducimos algún que nos parecía moi acaído e que ben podía ir dirixido a xoves adultos, a pais e nais ou ás bibliotecas a través das que acceder todo tipo de xente a eles. Libros sen destinatario definido.

Outro aspecto a resaltar é que parte destes produtos están descatalogados. Ademais de contar con pouco libro de coñecemento en galego, tivemos a mala sorte de que parte deles pertencían a unha editora que desapareceu ou están publicados por editoras en activo, pero a rapidez na que se move o mercado fai que desaparezan dos catálogos. Recollémolos, de todas formas, porque dá idea da riqueza (pouca ou moita) que houbo, pero tamén quedan á vista do mundo editorial por se nalgún caso cumprise retomalos e actualizalos.

Neste caso, as etiquetas fálannos de temáticas (De augas, De flora, De fauna, De RSU –Residuos Sólidos Urbanos-, De vertidos), nuns casos. Noutros, céntranse naqueles escritores e escritoras que sempre ou case sempre levan inscrita esa sensibilidade na meirande parte da súa produción, De autorías. De colección, recolle aquelas centradas nesta mirada ecoloxista na súa totalidade. Forman parte do grupo De conciencia, as obras que nos obrigan a reflexionar e tomar postura ante o problema ambiental porque realmente nos espertan. De coñecer e informarse acolle aqueles títulos que fan certa a aseveración de que para amar, primeiro hai que coñecer, polo tanto trátase de presentar a natureza, para que non quede outra saída que respectala e querela. As obras relacionadas coa tradición, daquelas civilizacións respectuosas coa natureza, aparecen baixo o epígrafe De lendas.

Poderían ter sido outras as etiquetas, pero en base a estas, puidemos ir organizando os materiais, para presentalos e pensamos que pode dar xogo.

Un dos avances destas guías é o feito de que nalgún caso aparece o epígrafe "Tamén podería estar en..." para citar outras etiquetasquer poderían ter incluído esa obra e outro acerto é deixar unha serie de liñas en branco para pode ir apuntando outras obras que poden estar incluídas nesas etiquetas ou ben porque se nos esqueceron ás persoas que realizamos a guía ou porque foron publicadas máis tarde. Unha posibilidade de actualización continua.

Tanto a esta guía como á anterior (Donas no espello da LIXG) pódese acceder a través da páxina de GALIX.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES