Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 04 de octubre de 2022
Tirar do carro

Tirei con forza do carro. E tirei eu só. Porque, aquí, como non tire eu, non hai quen o faga. E agora menos, que xa non hai xugadas de vacas. A maiores de que vivimos nun país cheo de nugalláns. Moito bar, moita parola e polo demais, a ver quen Pingas de Orballo tira do carro! Por certo, agora mesmo o café está rico de carallo. Si, estou no bar, pero eu traballo. Ou polo menos digo que traballo.
Menos mal que o carro tan só está cargado con herba, con herba seca, que non é que pese moito, pero... Pero é un bo carro. Poucos hai que carguen coma min. Mentres o terreo sexa liso ou chan, pois o típico: todo sobre rodas. O peor será cando chegue á vila de Baños de Molgas e colla a rúa que me leva á miña casa, alá no barrio da Igrexa. Toda ela é subida, en costa. Por vergonza e por chulería non penso pedirlle axuda ós veciños. Seguro que están todos nos bares. Repito: moita nugalla de Cristo.
Xa cruzando a presa da Porfía me custou bastante. O leito do río Arnoia, aí, é moi irregular. As forzas miñas son as que son. Aínda así, conseguino. A proba é que xa vou pola Pitediña, onde, aí si, dá gusto ver rodar o carro. Tamén grazas ás miñas forzas, claro. Porque son o único que tiro del.
Non me importa ser o único en moitas cousas. Mesmo o desexo a maioría das veces. Si, por presumir, e que? Ademais, aquí podo dicir aquilo de mellor só que mal acompañado. Agora, cando chegue a Baños de Molgas e por moita chulería que teña enriba, sei seguro que botarei de menos unha boa xugada de vacas. Ó entrar na Cagalla tomo un descanso e... alá vou, a tirar con forza do carro. Eu só.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES