Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que pasaría?

jueves, 06 de octubre de 2022
Cada persoa pode facerse tantas preguntas como considere oportuno.
¿Qué pasaría se nos paráramos a pensar que:
- Hai moitos países onde non teñen educación obrigatoria e gratuita.
- Hai moitos países onde non teñen cuberta a sanidade nin a seguridade social.
- Hai moitos países onde carecen dos recursos básicos, tendo moita riqueza.
- Hai moitos países no mundo que están en guerras constantes.
- Hai moitos países onde a muller ten os dereitos moi limitados ou non os ten.
Etc, etc...
Cada quen pode facerse as súas.
A min ocorréronseme estas.

Non podemos decir que o noso país sexa modélico, hainos mellores e tamén moito peores.
Paréceme que temos moito que mellorar; pero do que se trata é de tomar conciencia do que temos e do que nos falta.

APROVEITAR O QUE TEMOS SERÍA O MÁIS NATURAL E LOITAR POR MELLORAR, TAMÉN.

De feito hai moitas persoas que o comprenden e que, afortunadamente, loitan por mellorar.

- Son aquelas persoas que recibiron unha educación en valores e queren conservalos e transmitilos.

- Son aquelas persoas que aproveitan a vida para formarse en conciencia coa finalidade de ser persoas de proveito para elas mesmas, para as súas familias e para a sociedade porque están firmemente convencidadas de que un mundo mellor é posible.

- Son aquelas persoas que fundan familias: estables, con amor de por vida, con papeis e sacramentos (se son crentes).
Xa sei que hai outras que o fan doutra maneira; pero alá cada quen.
A min paréceme que: O BEN FEITO, BEN PARECE.

- Son aquelas persoas que poñen no sitio que se merecen ós membros da familia, ó personal docente, ó personal sanitario, ó personal que ten autoridade nos diferentes ámbitos da vida: social, económico, político, relixioso...

- Son aquelas persoas que saben valorar o que a vida nos regala e mímano con sumo esmero.

- Son aquelas persoas que saben o que vale vivir en paz, en harmonía uns cos otros: sen envexas, sen rencores...

- Son aquelas persoas que consideran a tódalas persoas coa mesma dignidade independemtente da clase social á que pertenzan.
Ninguén é rico en todo, nin pobre en todo.

- Son aquelas persoas que non discriminan por razón de xénero: tanto dá que pertenzan ó xénero femenino como ó masculino; o que importa é que sexan boas persoas.

- Son aquelas persoas...

¿Qué pasaría se tomáramos conciencia de que temos o mundo nas nosas mans?

Se queremos un mundo bo e feliz, témolo que construir.
Non quere decir que sexa doado construílo; pero é posible e merece a pena.
O que nunca podemos é perder a esperanza desa posibilidade:

- Se as persoas que conseguiron grandes logros para Humanidade, perderan a esperanza; aínda estaríamos na Prehistoria.

- Se as persaoas que descubriron América, perdran a esperanza ante o primeiro contratempo; hoxe pensaríamos que a o mundo remata en Fisterra.

Mellorar o mundo é posible e convinte.
Tratase en primeiro lugar de mellorarnos a nós mesmos para poder axudar a mellorar ás persoas que nos rodean e pouco a pouco ir construíndo ese mundo que desexamos.

Moita xuventude estase preparando con moito entusiamo.
Nas súas mans está o futuro.

"NAS SÚAS MANS ESTÁ O FUTURO"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas pola súa colaboración e por terme na súa consideración esta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES