Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os dereitos dos animais

lunes, 10 de noviembre de 2008
Non hai tanto tempo que os animais eran considerados cousas ó servizo do xénero humano, sen máis dereito que a súa utilidade. Eran tempos nos que tampouco algúns seres humanos tiñan para outros os mesmos dereitos. Pero, afortunadamente, todo cambia.

Naqueles tempos, unha ovella, unha vaca, un porco, podían ser cargados cunha “sólta” para impedir amplos movementos de xeito que non se movese da superficie asignada para permanecer pacendo ou deambulando.

Así unha das patas dereitas atábase cunha pequena corda coa traseira contraria co que os movementos do animal quedaban fortemente restrinxidos. Era o máis normal do mundo para impedir que o animal se perdese monte adiante.

Para os cabalos o sistema era máis complicado pola axilidade dos animais, e así nunha das patas enganchábase unha peza de madeira que non impedía andar pero si correr, co que animal vía moi dificultados os seus movementos.

Proba de que os tempos cambiaron é a denuncia que ven de facer o Seprona –Servicio de Protección da Natureza da Garda Civil- a un veciño de San Lourenzo en Lourenzá por infracción da Lei relativa ós animais por ter atopado no Monte Cepón de Trabada catro vacas coas patas dianteiras trabadas cun artiluxio de madeira que limitaba os seus movementos.

Como agora os animais van identificados cun crotal que sinala a súa procedencia, o propietario dos animais foi identificado e denunciado.

Haberá que conxeniar os dereitos dos animais cos dos seus posuidores, e cambiar procedementos que valeron durante séculos por outros para os que as novas tecnoloxías sen dúbida terán solución. Porque aínda que algunhas cuestións coma estas causen extrañeza haberá que ir acomodándose ó que os novos tempos esixen.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES