Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os galegos no berce do tango

viernes, 30 de septiembre de 2022
As cidades americanas, herdeiras da tradición española, ata máis ou menos 1870 seguen sendo pequenos centro urbanos onde as familias de maiores recursos tiñan o seu resgardado fogar. As casas facíanse con sólidas paredes arredor dun patio central interior cun pozo e xardín. A entrada era por unhas boas portas e a construcción non era ostentosa pois a casa era unha especie de santuario para a familia. Coa chegada da revolución industrial europea houbo importantes modificacións na vida das cidades. Agora as novas repúblicas teñen liberdade para facer as importacións que desexen sen as limitacións impostas polas autoridades coloniais españolas. Os adiantos tecnolóxicos permiten un aumento dos intercambios comerciais. Os barcos movidos a vapor reducen á metade o tempo de travesía do Atlántico o cal permite transportar máis mercadorías cun menor custe. Do mesmo xeito o ferrocarril abarata as tarifas de carga e acurta o tempo de transporte. As cidades americanas collen pulos e medran de xeito rápido. O maior crecemento tivo lugar en cidades costeiras coma por exemplo: Bos Aires, Montevideo e Río de Xaneiro.

Uns anos antes do 1900 as paisaxes urbanas das cidades-porto de Bos Aires e Montevideo foron totalmente transformadas polo crecemento demográfico. Coa chegada de milleiros de emigrantes europeos, ten lugar unha maior integración na economía mundial e unha moi grande mellora dos servicios públicos por mor da centralización administrativa. As medidas hixiénicas permiten unha concentración demográfica ata entón descoñecida e o abastecemento de auga e a rede de sumidoiros son factores decisivos no descenso da taxa de mortalidade. As dúas repúblicas pratenses son as que teñen en 1930 a porcentaxe máis elevada de poboación urbana de toda Iberoamérica. Neste ano as cifras indican que o 20% da poboación arxentina vive na capital e un tercio dos uruguaios vive en Montevideo e un 16% de chilenos e outro tanto de cubanos nas súas respectivas capitais.

Un país de corta y precipitada historia se abrió al pacífico flujo humano europeo. Miles de hombres y mujeres de las más diversas procedencias, portadores de cosmovisiones muchas veces difícilmente asimilables, hermanadas más allá de las lenguas y las tradiciones en una aspiración común de mejorar su suerte, dieron a la sociedad de gestación el perfil cosmopolita que tanto asombró a los viajeros del siglo pasado. Un tono cauteloso (propio de quienes se insertan en un mundo desconocido y si no hostil por lo menos receloso) caracterizó a gringos, gallegos, turcos y rusos, en esa aventura cotidiana de "hacer la América", construyendo una sociedad de medianías (sociales, políticas, culturales) sin renunciar del todo a la memoria étnica ni a la nostalgia de la patria perdida. Carlos Zubillaga Barrera.

Para James R. Scobie as cidades latinoamericanas poden clasificarse en catro categorías principais: a) comercial-burocrática; b) comercial con compoñente industrial; c) comercial-minera; d) comercial. Para o caso que nos ocupa, o lugar onde naceu o tango, son do noso interese as cidades de Bos Aires e Montevideo que son dous exemplos de crecemento comercial-burocrático xa que medran arredor do comercio por mor dunha forte exportación de produtos agrarios. A xigantesca expansión de Bos Aires é única xa que pasa de ter uns 200.000 habitantes a máis de dous millóns en 1930. A razón do crecemento (duplicou a taxa de habitantes que vivían na capital do 10% ao 20%) está no case monopolio das exportacións polo porto de Bos Aires e o ingreso case total de todos os produtos do exterior. No viciño Montevideo, outro tanto do mesmo xa que o recén instalado sistema ferroviario está na capital.

A chegada dos "gayegos" e dos "tanos" foi un auténtico vento nordés que moveu e mudou para sempre a antiga estructura social poscolonial. A forte presencia emigrante move todos os chanzos da escada social riopratense. Os gobernantes das dúas repúblicas queren poboar e buscan colonos xa que non queren ter baleiros os seus países. A tese de que o progreso pasa pola importación de man de obra é sostida con convencemento polos sucesivos presidentes riopratenses. Na Arxentina: Sarmiento (1868-1874); Avellaneda (1874-1880); Roca (1880-1886); Juárez Celman (1886-1890); Pellegrini (1890-1892) e no Uruguai: Ellauri (1873-1875); Latorre (1876-1880); Santos (1880-1886); Tajes (1886-1890). Os que chegan polo porto veñen empurrados polo vento mareiro e buscan un abeiro para erguer un fogar que estea afastado das tormentas que no norte adoitan estragar as colleitas. Dos campos da contorna de Bos Aires e Montevideo sopra un vento campesiño pero é máis mainiño. Antes o vento erguía con orgullo aos centauros das abertas pradeiras, os gauchos, que ían cabalgando detrás de novos horizontes. Agora, coa paz por unha banda e o arame pola outra, están desocupados e o roteiro das cidades é o único ao que poden dirixir os seus pasos.

Os gauchos sen cabalo e os galegos sen arado, emigrantes de dentro e emigrantes de fóra, loitarán nun mesmo espazo físico por un posto de traballo. O encontro ten lugar nos arrabaldos das cidades, nas beiras urbanas xa que alí hai choio nos matadoiros e salgadoiros da recén instalada industria frigorífica. A industrialización da carne fai nacer barrios enteiros, coma ser os de Flores e Mataderos en Bos Aires e os do Cerro e Pantanoso-La Teja en Montevideo. O crecemento é dun día para outro. No hai tempo para ningunha planificación urbanística pois alí onde haxa traballo, axiña xurdirá un barrio obreiro. No arrabaldo, entre gauchos e galegos e tanos, poñen unha pota ao lume para ferver auga e facer un caldiño. O nome riopratense deste caldo é tango. Os traballadores dos barrios son os auténticos creadores dun orixinal produto cultural que leva o nome de tango. Nestas dúas novas repúblicas coas súas zonas rurais baleiras, son os pastores desocupados e os labregos europeos frustrados os proxenitores do tango. A situación é contradictoria e dará lugar a que no escenario riopratense haxa que facer moitos axustes para que o tango sexa unha apócema nutricional que alimente as diferentes morriñas dos desprazados. Sen sabelo, os nosos emigrantes son protagonistas e participan na creación musical, literaria, teatral e na linguaxe popular de dous acolledores países con beira do Río da Prata.
Suárez Suárez, Manuel
Suárez Suárez, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania