Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con moito tino

jueves, 29 de septiembre de 2022
Non son poucos os obstáculos que se nos presentan ó longo da vida, por eso convén ir con moito tino.

Ir con moito tino pola vida sempre é aconsellable non só pensando en nós mesmos, senón tamén nos que veñen detrás.

Certamente que queremos que sexan felices, pero en boa medida a súa felicidade depende do legado que lles deixemos.

Eso hai que telo sempre en conta; pero en certas ocasións, en grao máximo, tales como:
-Cos coidados que precisa os bebés, que non consisten só en que estean fartos e limpos...

-Cos coidados que precisa a infancia tamén deberíamos esmerarnos moito porque as criaturiñas son como esponxas e absorben todo canto dín, todo canto oen, todo canto fan e todocanto ven nas persoas maiores.
Admiro ás persoas que actúan con moito tino ante a infancia, son aquelas persoas que non escandalizan nin co que din nin co que fan.
Esas persoas son un bo exemplo para a infancia e tamén para aqueles adultos que esquecen (esquecemos) as boas maneiras de comportarse en sociedade.

-Cos coidados das persoas enfermas que requieren moita sabedoría, moita paciencia e moita delicadeza.
Non podemos imaxinarmos un profesional da sanidade nin unha persoa coidadora que non teña estas cualidades: coñecementos, tacto, delicadeza, amabilidade, paciencia...

-E non menos sabedoría e delicadeza exixe a educación: chegar á alma dunha criatura para formala adecuadamente é todo un arte que só os bos profesionais do ensino saben como facelo.

En xeral hai que ir con moito tino sempre:
-Na vida de familia.
Cando cada membro vai con moito tino cos restantes membros da familia, o fogar é un "oasis" de amor e bondade, un lugar sagrado.

-Na vida laboral.
Cando se vai con moito tino cos compañeiros, o traballo é máis levadeiro e dá mellor rendemento.

-Nas vías públicas.
¡Canto tino non se precisa para a circulación vial!
Non podemos poñer en risco a nosa vida nin a dos outros.
A vida é sagrada.
É o mellor que temos.

Por estas e otras moitas situacóns que nos presenta a vida de cada día, debemos ir con moito tino á hora de:

-COIDAR A SAÚDE FÍSICA, que é unha delicada tarefa que cada persoa debe facer por si mesma.
Coñezo persoas moi disciplinadas á hora de levar unha vida metódica en tódolos sentidos.

-COIDAR MOITO A SAÚDE MENTAL:
Ä hora de formarse, á hora de xestionar as emocións, á hora de saber encaixar os problemas que se nos presentan, tomándoos como unha aprendizaxe que necesitamos para medrar internamente.

-COIDAR MOITO A VIDA ESPIRITAL: a formación correcta da conciencia, o cultivo dos valores, o alimento da alma, a transcendencia do que somos e do que facemos...
A min paréceme que o cultivo da vida espiritual é fundamental para non desfalecer ante as situacións máis duras.
Ó meu parecer: a fe é a arma máis poderosa.
Hi situacións nas que "se nos cae o mundo encima" e só a fe pode salvarnos.

Afortunadamente, hai moitísimas persoas que cultivan estes e otros moitos valores.

CON PERSOAS ASÍ CADA PROBLEMA ENCONTRA A SÚA SOLUCIÓN.
Eso sí.
Aínda que se vaia con moito tino pola vida, problemas nunca faltan.
Moitos problemas son imprevisibles:
Por eso debemos ir con moito tino.
A prudencia sempre foi de moita utilidade

¿QUE PASARÍA?
Este será o título do seguinte artigo.
Moias grazas por terme na sùa consideración nesta cocasión.

E moitas grazas por ser unha desas persoas que vai con moito tino pola vida irradiando bondade e felicidade por onde pasa.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES