Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: Galiza ou Galicia?

viernes, 07 de noviembre de 2008
Á beira de todos os camiños (ademais dos de Santiago) e sobre todo no noso amplo e longo camiño persoal e comunitario das nosas propias vidas, suceden unha grande e enorme moreas de feitos e oportunidades que debemos ter en conta xa que nos axudan a facer máis rica, fermosa e lixeira a nosa propia existencia.
Nesta ocasión, a min mesmo me está a dar unha gran alegría e satisfacción poder compartir con todos os amig@s desta variada sección un fermoso e documentado artigo dun benquerido o amigo, residente en Vigo, que xa nos ten regalado, noutras ocasións, artigos publicados en Galicia//Dixital e esperamos que pronto sexa habitual colaborador e contemos con el entre OS GALEG@S de Opinión. Chámase meu amigo, Xosé Mª Pin Millares, lugués coma min, nativo das Terras de Meira, e profesor xubilado do Ensino Medio.¡Benvido!

Velaí a colaboración. Con feitos reais como a vida mesma, Xerminada e vivida desde o seu amor á Terra. Poden opinar e se lles parece oportuno manifestalo. Persoalmente creo que si. Vexan:
“Días pasados parlamentarios da cámara galega encerelláronse polo emprego de Galiza ou Galicia para referirse ao noso País. A cuestión aparentemente non ten maior importancia, o que pasa é que ademais do texto, hai un pretexto e un contexto. O texto serviu de pretexto para aclarar o contexto. O que se ventila é moito máis fondo:¿Hai vontade de cumprir o Plan de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade durante a presidencia de don Manuel Fraga? Dende logo o PP de Madrid borraría calquera plan e mesmo as linguas propias das Comunidades.
O “madrileñísmo” representa un serio problema para a convivencia nacional. Despreza canto ignora e ignora case todo. Practica un reducionismo escandaloso, actúa con mentalidade separadora e separatista. España é o seu Madrid, os demais somos o resto ou provincias. Pois non, España, de momento, está formada e enriquecida por todas as Comunidades Autónomas coas súas características lingüísticas e culturais, igualmente ricas e dignas.
Este “madrileñismo” que non representa a gran cidade que é Madrid, ten sucursais en Galicia/Galiza que de ben boa gana eliminarían a construción máis marabillosa da nosa Terra: a súa lingua. Cadaquén que se sitúe no bando que queira.
Por se acaso e, con perdón dos presentes, para que cada un tire as conclusións e se faga o xuízo que queira, aí van unhas reflexións para que ninguén se escandalice e para que estea tranquilo, pois dicir ou escribir Galiza ou Galicia non é nin tan sequera pecado venial. Vexan o porqué. Historicamente e dende o punto de vista filolóxico ambas formas son lexítimas. O esperable en castelán na evolución lingüística sería Galeza, porque tampouco a forma Galicia é castelá, pois o étimo latino Gallaecia debería dar Gallicia ou mesmo Galleza, pero o castelán abandonou a súa propia solución e adoptou a dada polos habitantes do territorio, de aí a disociación de gallego/Galicia.
No castelán medieval están documentadas as formas Gallizia, Galiza e Galicia e no galego medieval a forma dominante era Galiza, tal como sucede hoxe no portugués, aínda que convive coas formas de Galiza ou Galicia.
Polo tanto, señores deputados, tranquilícense (¡soséguense!), e exerzan de GALEGOS, que boa falta lles fai. Saúde e deica outra. ”Xosé Mª Pin Millares
Vigo, outubro de 2008
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES