Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na hora do adeus

miércoles, 28 de septiembre de 2022
Un breve correo electrónico da Fondazione Centro Studi Filosofici dei Gallarate, recibido o pasado 17 de setembro, comunicábanos a triste nova do falecemento do filósofo italiano Antonio Pieretti (Gualdo Tadino, 1940-2022), catedrático de Filosofía Teorética da Universidade de Perugia, da que foi Pro-Rettore e decano durante 20 anos da Facultade de Lettere e Filosofía. A noticia causou un fondo pesar na Sociedade Interuniversitaria de Filosofía, sociedade científica con sede en Santiago de Compostela, da que Antonio era vicepresidente desde 2010.

Ademais dun magnífico profesor e dun orixinal pensador, Antonio Pieretti foi desde os anos 90 un colaborador entusiasta da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. Visitounos por primeira vez en 1989, convidado polo departamento de Filosofía e Antropoloxía Social.

Foi o noso invitado de honra cando en 1993 naceron os Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago, congreso internacional de carácter bienal do que se levan 16 edicións. Antonio participou na maioría delas, deixándonos un conxunto de textos que son un legado extraordinario.

En 2015, con motivo da celebración dos XV Encontros Internacionais de Filosofía, dedicados ao tema "amiño, logo existo. Pensar o Camiño en clave cosmopolita", rendemos unha homenaxe a Antonio Pieretti pola súa contribución á filosofía europea. El foi o encargado de pronunciar a conferencia de clausura, titulada "O camiño como procura do sentido da vida". Nela díxonos que "para considerar a vida como don, debemos volver marabillarnos diante dela".

Antonio marabillouse diante da vida e contaxiounos a todos dese bondadoso sentimento. Foi un sabio humilde e un amigo que nin a morte poderanos roubar de todo. Quédanos para sempre a súa palabra e o seu recordo.
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES