Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Mato e Bernardo

miércoles, 28 de septiembre de 2022
No Pedregal de Irimia onde nace o noso pai Miño que se estende polo país repartindo regalías, sodes homenaxeados coas mans que fan da terra futuro. Nesas mans están as vosas mans, as que arrancaron este país da miseria en silencio, as que forxaron este presente que desfrutamos cheo de dereitos que parecen obvios pero que vós tivestes que loitar dende os cernes da conciencia.

Sempre fostes unha referencia fundamental, un sinónimo encarnado de como facer país levantando pequenas atalaias de benestar.

Ti, Mato, sempre loitando por dinamizar a sociedade e crendo que cultura e benestar van unidas, aí naceu Auxilia e con ela festivais de ledicia e cultura. Naceu o dereito ao ocio, o dereito á educación, o dereito ao traballo. Todo pasou polas túas mans e as túas mans saben como facer unha realidade mellor.

Ti, Bernardo, meu querido profesor que exercía sempre de amigo. Tiñas os ollos ben abertos á diversidade, ensinábasnos aprendendo e así o primeiro ensino foi borrar para sempre o prexuízo dos ollos. Un sorriso era a primeira verba de ensino, sendo a segunda a túa fina ironía que nos levaba a aprender unha realidade que, por moi dura que fora, sempre podía cambiar. O tempo fíxote máis amigo que profesor e hoxe as túas verbas sabedoras seguen repicando nunha memoria que sorrí, ri e canta contigo mais nunca te esquece.

As mans de Irimia pasan hoxe por un mar de solidariedade que cambiou Galicia. Tanto ten que naza en Cabodevila como en Vilalba porque aquí no Pedregal, onde as pedras purgan, o voso alento é futuro que sabe que un día aprenderemos a amarnos a nós mesmos no voso propio amor.

Grazas meus amigos.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES