Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alguén ten que pagar

viernes, 07 de noviembre de 2008
Durante moitos anos, as costas galegas sufriron as agresións innúmeras dos que quixeron explotar ó límite as súas vantaxes. E na beira do mar, en terreos privados ou públicos, se construiron instalacións públicas ou privadas, invadindo áreas intocables ou impedindo o paso de persoas en lugares que tiñan que permanecer abertos ó público.

A resultas desta anárquica situación que parece ter tocado ó seu fin, a Lei de Costas está entrando a saco no noso litoral e xa se sabe de edificacións derrubadas, espazos abertos, chalets que perigan e conciencia de que o que está mal hai que arreglalo e que non poderán producirse similares situacións no futuro.

De todos os xeitos, os particulares que se vexan minorados nas súas propiedades por razóns do interese público teñen que ser debidamente compensados. Porque se cada quen é responsable do feito ilegal, ilícito ou irregular cometido, tamén as autoridades que o consentiron, as institucións afectadas teñen moito que dicir e responder ó respecto.

O PP ven de presentar no Parlamento Galego unha proposta en relación con que o Estado indemnice ós afectados polos deslindes do litoral en virtude da Lei de Costas, e que se alguén perde unha vivenda construída na franxa marítimo-terrestre coas bendicións dalgunha institución, esa institución indemnice. E que, de todos os xeitos, o Goberno central asuma de xeito automático todas as cargas financieras ou ofreza ós propietarios outra vivenda en entorno similar.

Parece tan racional a proposta que non é lóxico que non a teña formulado de oficio a institución que corresponda, neste caso o Ministerio de Medio Ambiente.

Certo que cando alguén constrúe un edificio nun terreo que non lle pertence perde a propiedade dese edificio. Pero os particulares que tal fixeron contaron coa connivencia de institucións ou cando menos coa tolerancia. E eso hai que compensalo.

Son moitos centos de afectados, infractores, que perderán as súas propiedades, que naceron baixo a tolerancia dos que tiñan a obriga de defender o interese público. Hai que buscar solución que contente a todos, xa que o ben público vai ser protexido, e moitos dos afectados pudieron obrar de boa fe. Sexa como fose, é un tema a estudiar no Parlamento con gañas de facer as cousas ben.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania