Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

María Casares, raíña de soños, vive!

jueves, 22 de septiembre de 2022
Coruñesa de 1922, cen anos despois, María Casares vive, e vivirá por sempre. Por iso, ao cumprir os seus primeiros cen anos, o Grupo Fonmiñá, consciente do dereito e do deber de revindicala como galega, réndelle homenaxe na Semana de Cine que fai a corenta e catro das celebradas na capital lucense.

María Casares, agora e sempre, ten os elementos esenciais para ser galega singular, comezando polo seu nacemento na nosa terra e rematando co seu pasamento físico no París de 1996, soñando cunha Galicia náis aló do espazo e do tempo, que o destino lle negou e a historia e a xustiza moral son quen de unir para sempre. Nos setenta anos que mediaron, lonxe de nós, estrela rutilante de universos de soños, sufríu exilio arredada de nós, conquistou Francia e os franceses, e o tempo que logra poñer a cadanqueu no seu lugar permite que agora viva entre nós, para facerse cada vez máis nosa por sermos máis conscientes dese vencello inprescriptible entre os galegos do interior e os que tiveron que buscar vidas novas para poder ter vida plena.

Non dicimos que María Casares volva a Galicia, porque nunca se foi; porque sempre levou consigo a carga das querenzas das xentes e da terra; porque sempre quedou aquí dela a memoria. E cando xa non hai Pirineos; cando aquí se admira e quere á galega transterrada; cando María cumpre cen anos e vive por vivir na memoria dos galegos, honramos á muller da escea francesa, hispana, galega, universal, para acreditar que estes primeiros cen anos da amiga, máis viva ca nunca, permiten desexarlle -ao estilo da nosa terra- Por moitos anos, María! (aínda que nós non poidamos contalos), Raíña de Soños no Alén.

Xulio Xiz é Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania