Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 23 de septiembre de 2022
O acubillo do covarde

A mentira é o refuxio, o acubillo do covarde. Así de claro. Así de simple. Así de sinxelo. De cando en vez gústame soltar estas sentenzas. Podo ser medio pampo pero non parvo enteiro. Díxolle Luciano á súa amiga Garbajosa. A esta todos lle chaman Garbi, porque seica semella algo máis feminino. Pero Luciano é moito Luciano e non anda con chafalladas. Descobre as mentiras envoltas en feixes de palla. Ou de ferraia. Pingas de OrballoAlgunhas veces é a súa amiga Garbajosa a que lle descobre aquelas que están envoltas en feixes de hipocrisía. Ou de finximento.
Luciano e Garbajosa sempre se levaron ben. Desde nenos. Non teñen segredos. E descobren os de outros. Nada, tan só para poñerse ó día. Cando cansan de resolver certas mentiras, bótanse a rir. Rin moito. Ó Luciano chámanlle O Showman e a Garbajosa tan só Garbi, non vaia ser que se enfurruñe. Certo que os que non queren ben a Luciano (uns cantos) noméano como O Pallaso. El, por aquilo da profesión do alcume, ri. E ri moito para darlle na cara ós que o insultan. Xa digo que Luciano é moito Luciano.
A mentira é o acubillo do covarde porque, este, non sabe ir coa verdade por diante. Co sinxelo e bonito que é ser auténticos, veraces. Por iso a amizade de Luciano e Garbajosa é tan eterna. Desde os tempos da infancia. Nunca menten entre si. Adícanse máis ben a descubrir as mentiras, os embustes, as trolas doutros. Despois bótanse a rir. Porque imaxinan que o mentirán non se sabe descuberto, que está convencido das súas mentiras. Pobre.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES