Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cartas de Florentino Pérez Embid a Eugenio Montes

lunes, 03 de octubre de 2022
A correspondencia que se conserva na Universidade de Navarra, arquivo AGUN (1), de Florentino Pérez Embid, con Eugenio Montes, está datada entre o 25 de novembro de 1947 e o 18 de febreiro do ano 1965, extenso período de tempo, no que as oito cartas, xiran en torno ao mesmo tema. Invitación de Pérez Embid, para que Montes, asista ás reunións e que publique primeiro na revista Arbor (2): "revista general del Consejo Superior de Investigaciones Científicas sobre ciencia, pensamiento y cultura, toma su nombre del árbol de la ciencia o Arbor Scientiae que utilizó Ramón Llull para representar las diferentes ramas del saber". E a despois na revista Atlántida da editorial Rialp.

O 24 de novembro de 1939 creouse o "Consejo Superior de Investigaciones Científicas" CSIC, que pasou a substituír a "la disuelta Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas" (JAE), (anexo 1).

A pesar de ofrecerlle todas as posibilidades e de ser reiterativo nas solicitudes, por os diferentes contextos das cartas, Montes, non chegou a enviar ningunha colaboración. Detrás desta negativa silenciosa, parece estar a relevancia do Opus Dei, na dirección da mesma e escasa influencia dos intelectuais afíns á "Falange".

A primeira comunicación do arquivo AGUN-3-1-264, e do día 25 de novembro do ano 1947, está escrita sobre papel timbrado, co logotipo de ARBOR, é a invitación por escrito, como continuación da charla previa que tiveran na librería "Afrodisio Aguado". Florentino, dálle todas as facilidades, desde ir a buscalo ao hotel Palace ou avisalo previamente. Por a información das seguintes comunicacións, todo indica, que Montes non asistiu a esa reunión, dobremente invitado, primeiro de forma verbal e posteriormente escrita, a modo de recordatorio (anexo 2).

A segunda carta do arquivo AGUN-3-1-566a e 3-1-566b, ten data do día 13 de marzo de 1948 (anexo 3). É para informarlle do envío do libro de García Bellido (3), que lle prometera en Lisboa e de dous números de Arbor. Coñecemos por esta información, que Pérez Embid estivo en Lisboa, descoñecemos se foi a algún acto do Instituto, en cambio temos documentado, que no curso 1956-57, impartiu a conferencia. "La cultura española después de Menéndez Pelayo" (anexo 4).

Agarda o libro prometido, a punto de saír, anuncio reiterado de Montes, que rara vez se materializa. Lémbralle que ten a súa disposición as páxinas de Arbor, e que lle envíe a colaboración prometida.

A terceira carta do arquivo AGUN-3-1-604, ten a data do 18 de marzo de 1948 (anexo 5). Na liña das anteriores, infórmalle dun novo envío dos últimos números de Arbor, que agradece o acuse de recibo dos mesmos, e que partir deste momento, vainos recibir con puntualidade. Lémbralle, a modo de persuasión, que a revista, é un permanente lazo de información da actualidade cultural de España.

A seguinte carta do arquivo AGUN-3-1-889, sen data (anexo 6), confirma a ausencia de noticias por parte de Montes, non lle comunicou a Florentino que recibira os libros de García Bellido, e segue sen enviar o artigo prometido, a modo de axuda, coméntalle que ben podía ser sobre os temas andaluces, da conferencia que impartira recentemente na cidade do Porto.

A quinta carta do arquivo AGUN- 3-2-727, emitida desde París o día 9 de febreiro de 1950, por Constantino Láscaris Comneno (4), na que informa a Florentino da conferencia impartida por Eugenio Montes: "hace un par de días, Eugenio Montes dio aquí, en la Maison de l'Espagne, una conferencia sobre "el soneto de Andalucía", (anexo 7). Por a temática, debeu de ser moi similar a impartida no Porto, a que se alude na carta anterior.

A sexta carta do arquivo AGUN-3-152-57, do 30 de abril de 1963, aparte da información do novo proxecto: Atlántida (5). "Revista de carácter intelectual, hecha con rigor y con espíritu abierto", publicada por a editorial Rialp desde 1963 ata 1972, en total publicáronse 52 números, e para solicitarlle colaboracións, dándolle todas as facilidades de publicación, ao igual que en Arbor (anexo 8).

Ante o silencio de Montes, despois dunha espera prudente de oito meses, Pérez Embid, insiste cun novo recordatorio, a través da correspondencia do día 16 de decembro de 1963, carta que se conserva no arquivo AGUN-3-152-292, (anexo 9).

A novena carta do arquivo AGUN-3-152-556, de data 18 de febreiro de 1963, confirma a tendencia das anteriores, Montes, nin envía as colaboracións, nin contesta ao acuse de recibo das revistas publicadas, que Pérez Embid, lle ía enviando, primeiro ao Instituto Español de Lisboa e a continuación ao de Roma, (anexo 10).

"Pérez-Embid Tello, Florentino. Aracena (Huelva), 12.VI.1918 - Madrid, 23.XII.1974. Político e historiador. En 1940, se licenció en Filosofía y Letras, en la rama de Historia, (...). En marzo de 1949, obtuvo la Cátedra de Historia de los Descubrimientos Geográficos, primero en Sevilla, y luego, en 1951, en Madrid.

Consejero de número del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) y miembro del Opus Dei, colaboró, al lado de Rafael Calvo Serer y otros militantes de la Obra, en la revista Arbor, de la que fue secretario. Además, fue uno de los fundadores de la Biblioteca del Pensamiento Actual,de editorial Rialp.

En 1951, fue nombrado director del Ateneo de Madrid, (...). En 1963, fundó la revista Atlántida, que se mantuvo hasta 1972, (...) el nuevo ministro de Educación, José Luis Villar Palasí, le nombró director general de Bellas Artes, cargo que ocupó hasta 1973.

Ingresó en la Real Academia Sevillana de Buenas Letras, con un discurso sobre Castilla y Portugal en la Sierra de Aracena. El Premio de Poesía de dicha Academia lleva su nombre. Fueasimismo académico numerario de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1972) (6)".

NOTAS:
1. AGUN- 3-1-264; 3-1-566a; 3-1-566b; 3-1-604 e 3-1-899
AGUN -3-2-727
AGUN -3-152-57; 3-152-292 e 3-152-556

2. Revista Arbor CSIC - Consejo Superior de Investigaciones...
https://arbor.revistas.csic.es

3. Debe de ser o libro "HispaniaGraeca. Tomos I e II.García Bellido, Antonio. Barcelona, 1948. Edita el Instituto Español de Estudios Mediterráneos.

4. ConstantinoLáscaris-ComnenoMicolaw 1923-1979.
https://www.filosofia.org/ave

5. Atlántida, revista del pensamiento actual 1963-1972.
https://www.lechuza.org/rev

6. Florentino Pérez-Embid Tello - Real Academia de la Historia
https://dbe.rah.es/biografias/florentino-perez-embid-...
Pérez-Embid Tello, Florentino. Aracena (Huelva), 12.VI.1918 - Madrid, 23.XII.1974. Político e historiador. Miembro de una familia de la burguesía local...
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES