Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Protección comercial

jueves, 06 de noviembre de 2008
A entrada de España na Comunidade Europea fixo abatir moitas barreiras políticas, sociais e comerciais. E o noso Estado ten menos posibilidades de protección individual de industria e comercio, tendo que supeditarse ó que dispoña globalmente a comunidade, que se ben ten intereses de defensa xeral esta defensa non ten porque corresponder puntualmente co que a nós nos interesa en cada momento.

Temos os galegos a impresión dunha invasión china, que empezou hai tempo pola restauración e se consolidou con todo tipo de comercios que florecen en aras dunha suposta facilidade do goberno chino para a expansión dos seus súbditos no exterior, e na apertura que a nosa sociedade ofrece a todo emprendedor.

Por este e outros temas, mentras as vendas do textil galego no exterior se desplomaron nos oito primeiros meses do presente ano, cunha baixa de algo máis do trinta e seis por cento, o textil chino experimentou un incremento no noso país de arredor dun tres por cento.

A Comunidade Europea impuxo en 2005 determinadas restriccións ós productos que viñan de China sen que o seu efecto se fixese sentir. En Galicia, nos catro últimos anos, as importacións de textil chino pasaron de setenta e sete millóns de euros anuais ós douscentos millóns da actualidade.

A esto súmase o textil que ven de Marrocos, Portugal, de paises do Este e do resto de Asía.

Sabido é que Europa é quen goberna estes temas a alto nivel, e a Comunidade ten aumentado no que vai de ano arredor do douscentos por cento os permisos de importación de prendas chinas para a súa venda no noso país.

Ou non entendemos o que na Comunidade se entende por protección, ou alguén que saiba do tema debería explicárnolo con detalle.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania