Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bo momento

jueves, 22 de septiembre de 2022
¿Cantas veces deixamos algo no tinteiro porque non encontramos o momento oportuno para levalo a cabo?
Posiblemente que varias, aínda que haxa persoas máis disciplinadas que otras.

O refrán di que:
"NON HAI MELLOR MOMENTO QUE O PRESENTE".
Pero o presente, tampoco quere dicir: agora mesmo.
O presente pode ser un momento ou un período de tempo no que debemos poñe-lo acento en algo importante:

Por exemplo:
Os médicos din que temos que beber moito líquido e facer exercicio cada día; pero cada persoa pode facelo á hora do día que máis se acomode ás súas circunstancias persoais.

Os estudios convén facelos, principalmente na infancia e na xuventude; pero calquera momento da vida é bo para poñerse a estudiar, alcanzar un título e gañarse mellor a vida.

No tocante a facer as paces con alguén, cumpriría facelas canto antes; pero a veces precisamos madura-la situación.

TEÑO OÍDO QUE NON É BO IRSE Á CAMA SEN ANTES FACE-LAS PACES COAS PERSOAS COAS QUE COVIVIMOS NO DÍA A DÍA.

O perdón é unha ferramenta moi poderosa; pero hoxe en día non está de moda porque cada persoa quere impoñe-las súas razóns:
­- Que se os maiores manteñen que tal cousa sempre se fixo así.
- Que se os novos din que eso queda anticuado...

Certo que hai cousas que se manteñen constantes ó longo do tempo; pero tamén hai outras que evolucionan.
NON PODEMOS CERRARNOS Á EVOLUCIÓN.
ESTAR ABERTOS E SER TOLERANTES PODE AMAÑAR MOITAS CONVIVENCIAS.

Noutros tempos, amañábanse moitas cousas nos confesionarios.
Hoxe en día os confesores teñen menos peso na vida de moitas persoas.
Están de moda os psicólogos, os abogados, as terapias...
Unha mágoa!

Hoxe en día, de perdón fálase pouco e non é porque non haxa fallos, é porque non os queremos ver.
Moitas persoas pensan que todo vale; pero non é así.
Hai cousas que están ben feitas e otras que nunca deberan facerse.
Pero os humanos somos así: tropezamos moitas veces na mesma pedra e raras veces escarmenamos en cabeza allea.

Pois, posiblemente sexa bo momento para mostarnos máis humildes e deixarnos aconsellar polas persoas que máis nos queren e coas que convivimos no día a día.

Aínda que os "juniors" teñan máis formación académicas que os "séniors", non quere decir que teñan a chave do éxito, porque:
A MELLOR ESCOLA É A PROPIA VIDA.

Escoitando a persoas maiores que tiveron unha traxectoria vital moi eriquecedora e dilatada, apréndese que a vida ten diferentes capítulos que se van realizando conforme transcorren os anos

O importante nas persoas que saíron adiante, a parte da saúde que é o principal, é que sempre estiveron abertas a novas oportunidade que lles foi presentando a vida.

Esas oportunidades foron e van sempre acompañadas de responsabilidades.
POLO TANTO SER RESPONSABLE DO QUE TEMOS ENTRE MANS É DE PRIMEIRA NECESIDADE.
Pero unha persoa responsable non se fai dun día para outro: a responsabilidade empeza tan axiña como a propia educación.
É decir: empeza no berce.
Se desde o primeiro mometo levamos conta de non deixar pasar o que é de cumprimento obrigatorio, imos por bo camiño.
Pero se coa nosa deixadez, abandoamos obrigacións, xa temos a batalla perdida.

Moitas veces é difícil poque ata as persoas encargadas da educación dun país, desexando innovar, equivócanse e botan a perder parte do que se tiña conseguido.
Desto sabe moito o personal docente.
Peo confiemos que canto antes vaiamos con moito tino.

"CON MOITO TINO"
Este será o títuo do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na sua consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES