Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fora do pobo non hai salvación

martes, 20 de septiembre de 2022
Ronsel de Moncho Valcarce

Este foi o lema da 44ª Romaxe de Crentes Galegas/os da Asociación Irimia, celebrada en Culleredo e adicada á memoria do sacerdote, Moncho Valcarce, o crego das Encrobas, das Enchousas, etc. Loitador pola defensa dos dereitos dos labregos e da dignidade humana. Eu doulle grazas a Deus de ter coñecido Moncho, un home e un Fora do pobo non hai salvaciónsacerdote de admirar o seu traballo senlleiro onde todo se mesturaba, con un sentido razoábel, o espiritual místico, o humano, o social e o político, cunhas consecuencias tan claras á luz do Evanxeo de Xesús que a min e supoño a calquera que o coñecera quedaba engaiolado pola súa firmeza e sinxeleza do seu proceder. Repito doulle grazas a Deus por termos na Galiza outro revolucionario, e a ledicia de que na Igrexa Galega xurdira un sacerdote cheo do espírito do Evanxeo de Xesús. En As Pontes teñen a súa memoria no IES Moncho Valcarce. E o que escribe lembra con emoción a lectura do libro "Revolucionario e Místico, Diario íntimo da doenza final". Esta edición de "Encrucillada" está esgotada. Na pestana "SÓ EN DIXITAL" pódese baixar en PDF.

A celebración desta romaxe desenrolouse baixo o espírito de "Moncho namorado da xente sinxela, labrega, destas parroquias; identificouse co seu destino, pasábao ben con eles, púxose ao seu servizo, fixo de parapeto contra o abuso". Por iso chegou á conclusión de que "Fóra do pobo non hai salvación", como un ronsel ou pegada que nos deixou Moncho. Rectificou así a frase da xerarquía da Igrexa "Fora da Igrexa non hai salvación" moi restrinxida e nada evanxélica. E se falamos de restrición, a restrición que valería sería a do Evanxeo, a identificación de Xesús cos pobres.

Vivimos a mensaxe da Teoloxía da Liberación que algúns din que está caduca. Pois nada diso. E grazas ao papa Francisco que a defendeu como fundamental na Igrexa de Cristo vivida nas comunidades comprometidas na liberación dos pobres. Os pobres teñen ao seu favor o capítulo 25 do Evanxeo segundo San Mateo, onde Xesús se identifica cos pobres, "asegúrovos que canto fixestes cun deste irmáns meus, fixéstelo comigo".

Con esta perspectiva celebramos a "eucaristía" desta romaxe onde se aproveita para sermos conscientes da nosa Igrexa, que deixe de durmir na relixión do opio. Esta Romaxe proclama a defensa da nosa lingua e cultura, coa valentía da denuncia das inxustizas, da utopía do Evanxeo da liberación e dignidade da xente de abaixo. Sempre ten cabida a proclama de organizacións: a Asociación Fonteseca de A baña, coordinadora contra o espolio eólico, que denuncia o abuso das autoridades que lexisla en beneficio do capitalistas sen contar co pobo; Escoitamos tamén a intervención MODEPÉN: organización pola defensa dun sistema público de pensións, a dignidade dos vellos que berran tamén polos seus dereitos; tampouco se esqueceu do perigo do fascismo, o machismo e a ausencia da muller na Igrexa. Non podía faltar a denuncia do bispo Agrelo polo crime contra dos emigrantes, vítimas na fronteira de Melilla.

E así rematou compartillando a ledicia do pan e do viño na "eucaristía" que significa "dar grazas"
"Grazas por Xesús de Nazaré,
polo xusto axustizado,
polas vítimas da Historia,
de quen facemos memoria,
de partirse e repartirse,
por unha humanidade nova".
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES