Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Atlético precisa un cambio

lunes, 19 de septiembre de 2022
O Atltico precisa un cambio A xente xa empeza a estar farta de toda a trangallada que se está a desenvolver sobre a morte e enterro da raíña británica. Bota as mans á cabeza sobre esas colas e sobre ese tempo (algúns máis de 30 horas) para visitar a cámara mortuoria de Isabel II. A esa xente non se lles dá por pensar que nós, non hai moito, fixemos o mesmo ante o Caudillo e Xeneralísimo Franco. E iso que era un ditador. Pero claro, xa sabedes iso de a palla no ollo alleo.

Non obstante, esa xente ten algo de razón. Eu mesmo xa nin recordo cando morreu e, a condenada, aínda anda por aquí. E como tamén estou xa algo farto, dou fin aquí a esta trapallada e... a outro asunto, por exemplo, o fútbol.

Falar de fútbol no noso país é falar sempre do mesmo, ou sexa, do Real Madrid ou do Barcelona (aínda que hoxe quen se leva a palma é Luis Enrique). Hoxe vou cambiar, xa que tamén empezo a estar farto do binomio futbolístico. Hoxe tócalle ó Atlético de Madrid, máis en concreto ó seu adestrador Diego Simeone. Ninguén lle vai quitar mérito a este home que levou ó equipo colchoeiro ós seus maiores éxitos. Pero, sinceramente, e baixo a miña humilde opinión, o Atlético de Madrid necesita un cambio. Porque tanto o ano pasado coma este ano, e tendo o cadro de xogadores que ten, ninguén se explica como non arrasou na Liga española nin como non conquistou a Liga de Campións. O outro día ante unha imaxe dun partido seu e vendo os xogadores que tiña de suplentes, foi cando pensei que necesitaba un cambio.

O Atlético precisa un cambioOs cambios, en España, sexan políticos, económicos, sociais, deportivos... son malos de realizar porque, no caso do fútbol, os directivos, líbreme Deus!, non van dimitir, e tampouco mandas ó paro a once xogadores, polo que, o de sempre, quen as paga é o adestrador. Simeone é un gran adestrador, para o Atlético é un Deus, pero, hoxe en día, tendo os xogadores que ten, non pode practicar ese fútbol co que nin a un modesto o consegue vencer con fulgura, con amplitude. Non son afeccionado do equipo madrileño, pero si me dá carraxe que ande polos campos europeos como alma en pena. E co cadro de xogadores que ten!

Para rematar, que Luis Enrique lle dea as grazas á falta de espazo, que tiña bastante metralla para lanzarlle. Só dicir que é moi listo: leva a parvularios que nunca se lle subirán á chepa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES