Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 20 de septiembre de 2022
A arma letal da Galicia profunda

O fouciño está de moda. Está de moda como arma, non como aparello de labranza. Case é normal. Como a labranza cada vez vai a menos, a Galicia profunda rexorde para que aquela xuíza do sur de España pense que levaba a razón. Non hai moito, nunha liorta que se levou a cabo en Lugo (creo), alguén apareceu cun fouciño Pingas de Orballo para batallar contra as hostes inimigas. O pasado martes, día 13, un home en Carballo tamén botou man dun fouciño (e un coitelo) para reclamar nun bar unha tapa de tortilla. Non por unha herdanza, nin polo movemento dun marco, nin polo roubo dunha vaca; simplemente por un cachiño de tortilla, que tampouco era por unha enteira. Os galegos non andamos con mexericadas. Imos ó besta. Para que a xuíza de Marbella ensine o dente nun sorriso de complicidade.
O fouciño está de moda. Eu mesmo lembro que unha vez, nun Pingas, saín polas rúas de Baños de Molgas cun fouciño na man coa intención de deixar a vila sen veciños. Menos mal que a maioría non asomaron a saudar, e os que o fixeron, ó verme con semellante ferramenta e a expresión dos meus ollos, dixeron aquilo de "pés para que vos quero".
E tamén hai pouquiños días (mirada por onde, noutro Pingas. Putos Pingas!) volvín botar man dese aparello de labranza para segar cabezas por todo o mundo (incluído Marbella). Seguei tantas que quedei só e rematando nunha illa deserta. Quedei só e co fouciño, claro. Esa ferramenta que, como se ve, non só vale para rozar os toxos. Que carallo, é a arma letal da Galicia profunda!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES