Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (25)

viernes, 16 de septiembre de 2022
Os Valuros para Ánxel Fole

Nas viaxes de Ánxel Fole na compaña do poeta de Paradela, Manuel Rodríguez López, que se publica en Ediciós do Castro; viaxes realizadas pola provincia de Lugo e neste caso en Castro de Rei, cando Ánxel Fole estaba escoitando o que dicía o tamén escritor A misteriosa e incógnita Valura (25)Xosé Manuel Carballo, -do que noutro artigo falaremos-, e tratando de desviar a conversa, o mesmo Fole preguntou:

"E de onde pensan vostedes que provén a palabra que designa os habitantes desta comarca?".

Don Ánxel explicou que os habitantes das antigas cidades lacustres da Chaira, algunhas asulagadas, vivían en palafitos. E engadiu: "valuros" pode ter relación con palus-udis (Lagoa en latín). Pudo suceder como coa verba "Viburnos-Biurnos-Piorno", que vai contra a regla porque o normal é que o "p" determine "b", como "Superbia" dé "Soberbia" e "Subitus" que se troca en "Súpeto". Dígolles a vostedes -remarcou o noso ilustre acompañante- que non hai ciencia tan suxestiva como a orixe da linguaxe. Os seus matices son infindos".


Que D. Ánxel Fole está moi ben documentado, non cabe dúbida, así como que os Valuros son antigos habitantes da Chaira que vivían en palafitas e que as cidades eran lacustres e que palus-udis en latín significa pantano, lagoa, charca, tampouco cabe dúbida, pero tratar de evolucionar palus -udis para que se converta en Valuro, pensamos que é de ciencia-ficción porque o étimo máis adecuado viría de adxectivo paluster -tris, palustre, que ten o significado de pantanoso, ou o que vive en lugares pantanosos e cuxo acusativo sería "palustre(m)".
A misteriosa e incógnita Valura (25)
O mesmo Corominasno seu Diccionario Etimolóxico, dinos o seguinte:
PALUSTRE: "perteneciente a pantanos" 1555. Tom.del lat. Palustris id. deriv.de palus -udis, "pantano, estanque". Otros derivados de éste: palúdico, paludismo.

De todo isto dedúcese que nin "paludem" nin "palustrem" pode trocarse en Valuro por moito que os valuros viviran en palafitas e se aínda por riba temos que evolucionar un "p" inicial para que se converta en "b", sería case que imposíbel por ir en contra das leis fonéticas onde as consoantes xordas "p,t,k" en posición intervocálica chegan a sonorizarse en "b,d,g", pero nunca en posición inicial como pretende facernos crer Don Ánxel, aínda que catalogue a filoloxía como ciencia suxestiva e con infindos matices.

Hoxe, nós cremos, -e xa o expuxemos anteriormente- que a palabra vén de "vallaturam" que dá "valadura" e logo "valura", lugar cercado polas montañas chairegas, e Valuro sería o habitante da Valura ou Valuria; por iso, antes de buscar a orixe de Valuro é necesario buscar a de Valura, e non ao revés, como pretende o grande Ánxel Fole.
Salve Valuria!

NOTAS:
COROMINAS, Joan.- Breve Diccionario Etimológico de la Lengua Castellana. Ed. Gredos, 2ª edic. Revisada. Madrid 1967.
RODRÍGUEZ LÓPEZ, Manuel.- Viaxes con Ánxel Fole. Edicións do Castro (serie testemuña). Sada, A Coruña. 1988.

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES