Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 16 de septiembre de 2022
O exterminador

Hai uns meses erguín coa ilusión e a esperanza de quedar só neste mundo. Conseguino. Estou só. Custoume porque non foi nada fácil, non. Tan axiña como tiven ese desexo marchei á palleira e alí dubidei entre coller a machada ou o fouciño. Optei polo fouciño. Semellaba máis fácil de manexar. A maiores de que sempre foi unha ferramenta ou aparello ó que lle teño cariño, por moito que algunhas veces me fundise no esforzo físico.
Pingas de Orballo Entenderedes o que fixen con el, non si? Para quedar só neste mundo tiven que facer iso da linguaxe coloquial: segar cabezas. Podo prometer e prometo que cortei unhas cantas. Por todas as aldeas, por todas as parroquias, por todo o mundo. Crucei charcos e ríos e mares e océanos e lagoas. E saltei valados e paredes e muros e arames e sebes. E deixei unha morea e máis de vidas segadas, que encheron eses charcos, ríos, mares, océanos e lagoas de sangue vermello. O fouciño xa levaba moito tempo cuberto pola cor vermella.
Logo de percorrer os cinco continentes (mesmo deixei nos oasis dos desertos algún que outro corpo tendido), optei por coller a Perla Negra e marchar para unha illa deserta. Pero, iso si, sen películas, sen libros, sen parvadas desas que dicía a xente de levar a unha illa deserta. E, cousas da vida, fun dar a unha na que estaba o puto Robinson Crusoe. O único náufrago mundial estaba precisamente nesa illa. Non me quedou outra que, claro, pasarlle o fouciño. Paseillo e agora estou definitivamente só, ou sexa coma Deus. Cando me aburra botarei polo universo á busca de alieníxenas. Son así de exterminador.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES