Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tarabelas pra non ter

lunes, 19 de septiembre de 2022
Tarabelas velaí veñen,
coma demos branqueados
pra pousarse en terra nosa.
Veñen cedo, decontado!

Se as deixamos asentar,
non doado nos vai ser
de alí logo as arrincar.
Tempo é xa de nos erguer!

Defendamos logo o noso.
Somos da Terra de Montes!
Non creamos en palabras
que non son de boa fonte.

Parte nosa son os montes.
Rechouchíos de lavercas,
iso si. Rexo NON, porén,
ó zoar das tarabelas!

Ben sabemos que buscades
un proveito que é só voso.
Bo negocio e asegurado,
mais os montes sonvos nosos!

Defendémonos a nós:
terra nosa e o noso estar!
Defendemos os que acougan
e os que a queiran habitar.

Respectamos e queremos
fauna e flora que aquí hai,
bestas, pombos, cantas vidas
onda nós queiran estar.

Non ós monstros e xigantes,
que nos queren atordar.
Son mecanos desalmados
que nos veñen provocar.

Moito disto xa o intuíra
o gran xenio de Cervantes
cando el viu que tralos muíños
se agachaban os xigantes.

No é o vento, meus amigos,
quen do muíño move as aspas.
Poderosos cabaleiros
do diñeiro nel se agachan.

Terra e ceos son gratuítos,
don de arriba e non se merca.
Foron dados pra os coidar.
Non queremos tarabelas!


"Tabeirós Montes", 14 de setembro de 2022.
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES