Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Propiedades militares

miércoles, 05 de noviembre de 2008
Neste país, determinadas entidades posuíron inmensas propiedades retiradas do uso común, e algunhas aínda as conservan.

Chámannos a atención as propiedades da Igrexa, que se foron cuantiosas en tempos, a Desamortización de Mendizábal rebaixounas drásticamente pero sen conseguir a súa distribución ós verdadeiramente interesados, necesitados de terras. A maior parte destas propiedades quedaron en mans dos que xa eran poderosos terratenentes que se fixeron máis ricos a conta das propiedades expropiadas. Na actualidade, a Igrexa posúe especialmente numerosos edificios que son obras de arte, cheos tamén en moitos casos de obras de arte, que temos que considerar son xa propiedade popular a través das colectividades católicas.

Quedan as propiedades militares que se en Galicia teñen excelentes localizacións, en Ferrol son especialmente ostensibles pechando o achegamento da cidade ó mar cando se trata da cidade de Ferro, nacida á beira do mar para señorealo.

O Ministerio de Defensa parece decidido a desprenderse de instalacións que moitas veces son unha carga ó non utilizarse pola profesionalización dos exércitos e a conseguinte redución de efectivos.

Cabo Silleiro irá para o Ministerio de Medio Ambiente, o mesmo que a Illa de Tambo, que se incluirá no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Tamén Medio Ambiente quere as instalacións ferrolanas do Prioriño, e aínda non se sabe para quen será o aeródromo de Rozas, na provincia de Lugo, que se reune as mellores condicións de Galicia para aterraxe dos avións nunca conseguiu ser tido en conta.

A Ministra de Defensa ten manifestado que só se quedarán cos terreos que lles sexan necesarios, que se fomentará a utilización social e a construcción de vivendas nos que poidan ser desafectados, e que se procurará a racionalidade na utilización destas superficies.

Alegrámonos. O camiño á normalidade é longo e cheo de dificultades. Pero esta diminución de instalacións militares en beneficio da vida civil, da natureza, da utilidade social, é un paso ben importante nese traxecto que nos marcamos hai moito tempo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES