Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Saleta

miércoles, 21 de septiembre de 2022
A partida dunha persoa sempre esperta afectos imprescindibles que un bota en falta. O momento da ausencia definitiva é duro e máis se non se conta. Si, é certo que había tempo que non te vía e que te botaba en falta por esas rúas da Coruña que, ao verte, se tornaban máis ledas. A pesares disto un non pensa que poida ser o final, o momento de abrir a porta da despedida, mais así foi.

Neste momento un sente a tristura da ausencia mesturada coa ledicia de terte coñecido e poder compartir contigo sorrisos e arelas. Todos os teus amigos sabemos o moito que lle levas dado a este pobo, multiplicaches a obra do Manuel polo infindo do teu compromiso e ninguén pode negar que a súa proxección é parte da túa constancia e forza vital. Ben dicía Manuel que era o mesmo lapis o que escribía versos e necesidades vitais pero un poeta precisa ser parte de algo: o teu activismo era a forza práctica que corría nos versos do Manuel.

Contigo váisenos unha fonte de tenrura, un exemplo de loita sensible e amorosa que non se deixa encadear nin precisa de agrear a voz ata o estremo da mala educación. Con constancia todo sae e así foi como tantas cousas forman un legado de dúas almas que sempre camiñan con nós.

Moitas grazas Saleta por todo o que nos deixas pero, por riba de todo, polo exemplo compartido con Manuel. Grazas por toda unha estrada de valores pola que vivir a vida sen esquecernos nunca de vós. Sabemos que en cada verso está a voz de Manuel, a túa forza e un sorriso infindo que vos lembra para sempre nos afectos máis fondos da memoria.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania