Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 15 de septiembre de 2022
A palla no ollo doutro

Vemos a palla no ollo doutro e non vemos o pontón no noso. Sempre falamos da forma de vestir no mundo árabe, principalmente as mulleres, sen buscar na nosa memoria aquel pasado no que as nosas mulleres tiñan que entrar ás igrexas daquela maneira: co veo cubrindo practicamente toda a cabeza, con blusas ou camisetas ou xerseis abotoados ata o mesmo pescozo para que nin se intuíse o escote, con faldras Pingas de Orballo deica os propios pés... Como anécdota disto último, o que contou unha señora de Abegondo que, no ano 1963, alguén as denunciou á Garda Civil porque se lle vían moito as pernas ó xogar ó fútbol. E ollo ó dato: un ano máis tarde chegaría a minisaia a España, polo que imaxino que habería denuncias a esgalla. Por certo, tamén xa tiña o seu aquel que as mulleres, naqueles anos, xogaran xa ó fútbol.
Vemos a argana no ollo doutro e non vemos a trabe no propio. Poñemos a parir ós mesmos musulmáns pola forma que teñen de orar ou polo seu fanatismo relixioso e non pensamos nesas nosas procesións masivas, sexan na Semana Santa ou sexan en festas patronais e católicas, nas que incluso, en algunhas os "presuntos" penitentes mortifican o corpo a base de lategazos ou con varas abrindo as carnes. Non hai moitos anos, nas propias novenas de Os Milagres, cantos realizaban de xeonllos un traxecto de varios quilómetros? Non digo xa nada cando ían descalzos. Desta maneira os romeiros viaxaban desde ben máis alá de varios quilómetros.
Non hai como estar caladiños e arranxar tan só a casa de cada un.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES