Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pro Mausoleo de Manuel Murguía (1833-1923)

miércoles, 14 de septiembre de 2022
O 1º de febreiro de 1923 falecía Manuel Martínez Murguía, unha figura clave do rexurdimento na reconstrución da identidade de Galicia.

Sobre os seus traballos de investigación histórica e propostas para o autogoberno edificouse o pensamento político de Galicia que outros do seu tempo e posteriores haberían completar. Inspirador da creación da Real Academia Galega, unha vez constituída presidíuna durante varios anos.

Dí o dicionario que restaurar é poñer unha cousa no estado ou estimación que tiña antes.

Ese foi o gran labor de Murguía: devolverlle a Galicia a identidade que fora perdendo polos avatares da historia. Grazas a súa teimosía, a súa muller, Rosalía de Castro, converteuse en mito que encarna as esencias identitarias da nación galega.

A autora de "Cantares Gallegos" foi soterrada no cemiterio de Adina e alí permaneceu por pouco tempo ata que Murguía, coa apoio de moitos coetáneos e de sociedades da diáspora, conseguiu que se trasladase o seu corpo á igrexa de San Domingos de Bonaval onde ten panteón.

Se no camposanto de Adina Rosalía fora soterrada baixo unha lousa cunha cruz e unha lenda escrita en castelán, no Panteón dos Galegos Ilustres perpetúase a súa memoria cun texto en galego que di: "Pra eterna memoria. Galicia fixo facer por suscripción nacional este monumento, onde descansa na paz do Señor a que foi groria da súa patria Señora Dona Rosalía de Castro de Murguía. Finou en Iria o 15 de xullo de 1886".

Ese monumento e lenda constitúen un exercicio modélico de restauración da memoría lingüística na persoa de Rosalía de Castro pero Manuel Martínez Murguía non tivo a mesam sorte. A súa campa no Cemiterio de San Amaro da Coruña, cunha fasquía descoidada, identifícase cunha simple cruz de mármore e unha inscrición en castelán que lle puxeron os seus fillos.

Concorre a circunstancia de que a poucos metros dese sartego levántanse varios mausoleos de arquitectura solemne, entre eles o de don Manuel Lugrís Freire, que fora tamén presidente da Real Academia Galega.

O Concello da Coruña é o dono da tumba de Murguía por doazón testamentaria que ao seu favor realizou dona Gala, a única filla que sobreviviu.

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística no marco das actividades anuais que desenvolve arredor da convocatoria do Día da Restauración da Memoria Lingüística solicitou do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e Xunta de Galicia que, co gallo do centenario do pasamento do fundador do pensamento galeguista, que terá lugar o vindeiro día 23 de febreiro de 2023, se constrúa sobre a
tumba de Manuel Murguía un mausoleo digno e acorde coa figura senlleira que alí xace.

A este pedimento súmanse as persoas que a seguir se relacionan:

Xoaquín Monteagudo Romero, presidente da Irmandade Xurídica Galega
Afonso Ribas Fraga, editor
Águeda Rodríguez Domínguez, maxistrada.
Alberto Cuquejo, xefe de área de Gandería de Verín da Xunta de Galicia.
Alejo Amoedo Portela, pianista.
Alfredo Fernández Rodriguez, veterinario.
Alberto Avendaño, xornalista
Ana Mosquera Fernández, avogada.
Andrés Pavón , xornalista.
Antía González Álvarez, funcionaria Administración Local.
Antón Mascato García, editor.
Antón Piñeiro Feijóo, funcionario Administración Local.
Antón Seoane Pampín, siquiatra.
Antonio Giz Paz, director de Galicia Dixital.
Anxo Angueira Viturro, presidente Fundación Rosalía de Castro.
Anxo Tato Plaza, catedrático Dereito Mercantil na Uvigo
Beatriz Varela Morales, funcionaria Administración Local.
Bernardino Pardo Teijeiro, médico.
Benigno Sánchez Garcia, inspector de traballo e seguridade social.
Carlos Amoedo Souto, catedrático Dereito Administrativo da UdC.
Carlos Antonio Boullón Agrelo, médico
Carlos Cabaleiro López, músico.
Carlos Eirea Eiras, médico
Carlos Méixome Quinteiro, historiador.
Carlos Varela García, fiscal.
Carme García Rodeja, historiadora.
Carme Martí Fernández, xurista
Carme Pérez Vaquero, secretaria Fundación Peña Novo
Carme Pose Amado, maxistrada.
Casián García García, empresario.
Celia Pereira Porto, presidenta Fundación Vicente Risco.
Celso Sánchez González, médico.
Clodio González Pérez, etnógrafo.
Consuelo Castro Rey, avogada Xeral do Estado.
Cristina Bañobre Lomba, empresaria.
Dalila Dopazo Blanco, maxistrada.
Diana Gonçalves Domínguez, cineasta.
Edgar Fernández Cloos, presidente Audiencia Provincial de Lugo.
Eduardo Castro Taboada. director comercial.
Elena Gallego Abad, xornalista.
Elva Campo Rodríguez, xurista.
Emma Doval Pérez, fiscala.
Encarna Dasi Dorelle, maxistrada.
Encarna Lago González, directora Rede Museística Provincial de Lugo.
Francisco Vázquez Troitiño, médico.
Flora Fernández Miranda, médica.
Jesús Manuel García Díaz, director da UNED en Ourense.
Jorge Mira Pérez, físico.
José Daniel Fernández Yañez, enxeñeiro.
José Rodríguez Cruz, etnógrafo.
José Turnes Paredes, empresario.
Judith Rey Iglesias, música.
Lito Andión, xerente Hoxe Sociedade Cooperativa.
Lola Pelaez Rivero, arquitecta.
Luis Villares Naveira, maxistrado.
Luís M. García Mañá, ex-xefe Superior de Policía de Galicia.
Luz Airado Bello, avogada.
Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado.
Manuel Herminio Iglesias Vázquez, presidente Asociación Cultural Agromadas.
Manuel Rial Mato, empresario.
Manuel Seoane Feijóo, arquitecto.
María do Ceo, fadista.
Mariló Candedo Gunturiz, profesora da UdC.
Mario García Gómez, deputado no Parlament de Catalunya.
Marisa Castro Cerceda Martíns, catedrática da Uvigo.
Marisé Fernández, traballadora social.
Mercedes González Rodríguez, sumiller.
Mercedes Vázquez Saavedra, etnógrafa.
Miguel Ángel González Rodríguez, xornalista.
Miguel Anxo Seixas Seoane, historiador.
Olga Coroas López, enfermeira CHUAC.
Pablo Vaamonde García, médico.
Paz Filgueira Paz, maxistrada.
Pilar García Rego, xornalista.
Rafael Ojea Pérez, ex-director da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
Ramón Lorenzo Vázquez, catedrático xubilado.
Raquel Pérez Diéguez, colaboradora de radio.
Ricardo Gurriarán Rodríguez, historiador.
Rocio Airado Bello, avogada.
Sabela Lage Díaz, avogada.
Sandra Araúxo Carballido, química.
Sandra Piñeiro Vilas, maxistrada.
Sergio Aramburu Guillán, secretario técnico do Consello da Avogacía Galega.
Siro López, caricaturista.
Sonia Villapol Salgado, neurocientífica.
Tania Castro Núñez, avogada.
Tere Pérez, técnica de imaxe.
Tito Diéguez, xornalista.
Valentín Lago González, director asesoría xurídica Deputación de Lugo.
Víctor Ferreira, xubilado artes gráficas.
Xerardo García Alvela, empresario.
Xesus Palmou Cibeira, avogado
Xoán A. Allegue López, presidente Adega Martín Códax.
Xoán I. Fonseca Moretón, ex-funcionario Administración Local.
Xosé A. Jardón Dacal, ex-funcionario Administración Local.
Xosé Amancio Liñares Giraut, catedrático de xeografía e historia.
Xosé A. Gómez Segade, catedrático xubilado da USC.
Xosé Manuel Cid Fernández, decano Fac. de Educ. e Traballo Social da Uvigo
Xosé Ramón Lema Bendaña, ex-bibliotecario da USC.
Xosé Xoán Barreiro Prado, presidente Sección 2ª Aud. Provincial Pontevedra.
Xosé Manuel Pacho Blanco, Vicedecano Fte. Ciencias Xurídicas e do Traballo Uvigo.
Xosé Álvarez Castro, historiador.
Xosé Carballido Presa, enxeñeiro da Xunta de Galicia.
Xosé González Martínez, dinamizador cultural.
Xosé Lastra Muruais, presidente Nova Escola Galega.
Xosé Lois Lamazares, empresario.
Xulio Ríos Paredes, analista política internacional.
Xulio Xiz Ramil, presidente Colectivo Egeria.
Xurxo Martínez González, historiador.
Yolanda Ramos Capelo, avogada.

Galicia, 13 de setembro de 2022

( Xosé Gonzalez Martínez é Vicepresidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia)
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES