Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Envexa sa

martes, 13 de septiembre de 2022
Non sei se se decataron de que faleceu Isabel II, raíña do Reino Unido. Mais o certo é que en todas as cadeas de televisión do mundo e en toda a prensa prepararon reportaxes sobre o seu lonxevo reinado e sobre a súa circunstancia vital e institucional. Moitos países puxeron as súas bandeiras a medio mastro en sinal de duelo e outros tiveron xestos de distinto tipo como homenaxe póstuma.

Faleceu coa adhesión do 86 % dos cidadáns británicos e quixo o destino -ou se cadra ela, non o sei- que a súa morte se producise no castelo de Balmoral, en Escocia, residencia de vacacións da familia real, unha nacionalidade que loita por conquistar a súa independencia. Pois ben, mesmo en Escocia, inzada de independentistas, a dor pola morte de Isabel II foi moi grande.

Eu, que queren que lles diga, aspiro a que Felipe VI poida reinar ata a idade de 96 anos -ou máis, se é posible- e que daquela tanto o pobo español como toda Iberoamérica, Europa e o mundo respecten ao noso monarca e a España da mesma maneira que o fan estes días co Reino Unido.

Non me atrevo a pedir que vaia finar a Cataluña, en plenas vacacións estivais, porque o noso rei é máis de Mallorca, pero si me gustaría que, entón, no solpor do século XXI, deixe un país unido. Algúns de vostedes crerán que iso é unha utopía, pero deben pensar que chegan novas xeracións que nos farán vellos, a nós e aos nosos complexos.

A monarquía británica non estivo exenta de problemas, tampouco a española. Por iso aspiro a que os españois tomen nota de todo o que están a ver estes días. Nada máis, pero tampouco nada menos.
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES