
Foi a raíña de Manuel María,
a mellor defensora da súa historia,
defensora mellor da súa memoria.
E sempre foi a súa mellor Poesía.
Era un amor profundo o que os unía
e un respecto total na traxectoria
do seu vivir, que foi unha vitoria
de firme amor, na máis fonda harmonía.
Están Manuel María e mais Saleta
onde queira que estean, na miña vida,
que moitas veces lembra ó gran poeta.
Para min as súas mortes, gran ferida.
No alén, felicidade a máis completa!,
pois merécea, en verdade, a vosa vida.
Os Tilos, 11.09.2022
(Homenaxe a Saleta Goi no seu pasamento. Na fotografía, Saleta e Manuel, en tempos idos)