Aínda estamos a tempo
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 15 de septiembre de 2022
Sempre é bo momento para retomar algo que deixamos no tinteiro ou que queremos rectificar.
Hai persoas que quixeran cursar estudios; pero non pudieron facelo no seu momento; e decídense a facelo de xubiladas.
PARA APRENDER SEMPRE É BO MOMENTO.
Debemos estar abertos a aprender sempre para poñermonos ó día.
Tamén sei de persoas que se quedaron ancladas no pasado e están sempre laiándose de todo porque ven a vida de cor "negra".
Tampouco se trata de ver a vida de cor negra.
A vida ten días de tódalas cores.
TRÁTASE DE ADAPTARSE ÓS TEMPOS QUE NOS TOCA VIVIR E FACER O POSIBLE PARA QUE, POLO MENOS, A NOSA PARCELA NON SEXA "NEGRA".
SE MELLORAMOS UN POUQUIÑO A PARCELA QUE TEMOS ADXUDICADA NA VIDA, XA ESTAMOS MELLORANDO O MUNDO.
E, se estamos mellorando o mundo, xa temos a esperanza de que todo irá ben.
Tampouco podemos pretender un mundo perfecto.
Se o mundo fora perfecto, non habería nada polo que loitar
O mundo ímolo construíndo día a día...
Unhas xeracións acertan máis e outras menos.
O bo de fracasar é que se pode volver a empezar de novo.
Por exemplo:
TÉMOLOS VALORES UNIVERSAIS DE CONVIVENCIA UN POUCO ESQUECIDOS...
Pero seguen aí para que nos queira recuperarr.
AFORTUNADAMENTE HAI MOITISIMAS PERSOSAS QUE SI OS TEÑEN EN CONTA NO DÍA A DÍA.
- Obsérvanse familias que educan "relixiosamente" ós seus fillos, tanto se son crentes, como se non.
- Hai persoas que están pendientes de todo a todas horas.
Son persoas que pensan nos demais e multiplícanse para axudar.
Tal vez:
CUMPRIRÍA QUE SE FALARA E SE ESCRIBIRA MOITO MÁIS DESAS PERSOAS QUE FAN TANTO BEN.
Dese xeito, SEGURAMENTE MELLORARÍA A NOSA PERCEPCIÓN DA VIDA.
E, posiblemente, seríamos máis optimistas e poñeríamos máis empeño en mellorar a parte que nos corresponde.
Pero xeralmente, non o facemos porque consideramos que é o normal.
¡Claro que é normal que fagamos as cousas ben e que evolucionemos como corresponde ó xenero humano!
Pero TAMÉN É CERTO QUE DAR OU RECIBIR ÁNIMOS, NUNCA ESTÁ DE MÁIS.
Hai momentos puntuais nos que os ánimos son fundamentais cando sabemos dalgunha persoa que o está pasando mal.
- Un estudiante que ten dificultades.
- Unha familia que o está pasando mal.
- Unha persoa que está loitando coa enfermidade...
Hai quen di:
"E que non sabes que dicirlle".
- Sempre hai algo que decir.
- Sempre hai unha maneira de empatizar.
- Sempre é bo momento para aproximarse a quen necesita da nosa axuda.
O que necesitamos é: PROXIMIDADE, QUE NINGUÉN SE SINTA ABANDOADO.
Hoxe en día dispoñemos de máis medios que nunca para mostrar a nosa proximidade.
Calquera momento pode ser bo.
"BO MOMENTO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora