Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 13 de septiembre de 2022
A vela dos desexos

Cando Filiberto Suárez Doforno entrou na explanada do santuario dos Milagres marchou dereitiño como unha vela a acender precisamente unha vela. Filiberto, O Paspallás, non é que sexa moi relixioso pero ten o seu aquel coas velas. Penso que é a chama a que o fascina. Ese resplandor. Esa cor... Sobre os significados de acenderlle unha vela á Santiña do Medo prefire non opinar, aínda que el, polo baixo, ben que lle Pingas de Orballo pide. Sabe que moitos desexos dos que pide, a Virxe fará oídos xordos. Pero el non quere ser menos e quere seguir aquilo de “por pedir que non quede”.
Non pide polas almas do purgatorio, nin polos fieis defuntos, nin polas enfermidades propias e de familiares, nin polos aprobados dos nenos, nin polas guerras, nin polas catástrofes. O Paspallás pide para que o mar siga facendo ruído, para que as treboadas espallen lóstregos e tronos (ou sexa, ruído). Pide para que o seu corazón latexe de amor. Porque Filiberto ten unha moza pola que suspira e berra e sufre e xeme a todas as horas. Pide tamén por aqueles que soñan cos biosbardos e polos que se botan ás boleiradas por un outeiro abaixo.
Despois, na realidade, no momento de acender a vela ou as velas, pide por ese sorriso que o emociona (o dela, claro), por ese peito que o acelera (o dela, por suposto) e por esas palabras que o aconsellan (as dela, faltaría máis). Contempla como a lapa se alza e pensa que aí soben os desexos que algún día serán reais e eternos. Pídelle á Virxe por todo iso. Axiña volve sobre os seus pasos e déixase ir polo Medo abaixo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES