O conquistador conquistado
Santalla, Iago - miércoles, 14 de septiembre de 2022
"El conquistador, por miedo a perder su conquista, se convierte en esclavo de lo que conquistó. Es decir, jodiendo se jodió".
Son verbas de Facundo Cabral que serven para introducir perfectamente a dialéctica entre o amo e o escravo. Ninguén mellor para explicar esta dialéctica Hegeliana que o filósofo José Pablo Feinmann. Ambos, xa desaparecidos, coido que compartían unha visión do mundo moi semellante que quizais confluíra no achegamento ao peronismo. Facundo fíxoo por devoción a Evita e Feinmann por un compromiso político máis consciente.
O caso é que Feinmann e Cabral teñen unha idea da liberdade non mediatizada pola realidade. Facundo parte de Diógenes e intenta prescindir de todo o superfluo.
Feinmann parte de premisas máis ideolóxicas e busca os fíos cos que o sistema capitalista nos vai atando. Por ese camiño chega tanto a o marxismo como á visión hegeliana do amo e o escravo na que o medo á morte escravízao de por vida.
Esta visión ten unha dobre lectura na nosa realidade: a primeira é cantas necesidades que non tiñamos, hoxe son consideradas por nós como imprescindibles? A segunda é a liberdade que estamos a pagar por elas.
Pouco a pouco fomos deixándonos conquistar ata reducir a liberdade á satisfacción de necesidades. O problema vén cando os recursos non nos permiten dita satisfacción e volvemos a unha realidade de escravos. Se cadra aínda nos podemos librar da conquista do sistema (ou moldealo para evitar o seu camiño cara o extremo).
O conquistador foi conquistado pero o peor é a cegueira que lle impide ver (e sentir!) que ten a tixola polo mango e, polo tanto, pode darlle a volta á torta.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora