Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 08 de septiembre de 2022
Entre o silencio e o ruído

Mentres espero polo café collo ó silencio e doulle uns cantos botes para que faga algo de ruído. Ás veces non é bo quedar completamente en silencio. O silencio é bonito e necesario ata que dicimos basta. Eu, antes de dicir basta, xa me anticipei á xogada. Porque me deu por Pingas de Orballoaí e porque son así de listo. Ó mellor, cando remate o café, collo ó ruído e plántolle unha boa tira de esparadrapo na boca para que se quede en silencio.
Mentres tomo o café contemplo o panorama. Vexo nubes negras que se desprazan e vexo nubes brancas que se esconden por detrás das casas. Vexo coches que circulan e que meten ruído. Un coche vermello, coñecido, está aparcado aquí, á miña beira; é bonito. Vexo xente na terraza e noto o aire que me pega na cara. O tempo está que vai e que vén, pero as pingas de auga non acaban de caer. O tempo case sempre (ou sempre) fai o que lle dá a gana. Xa o dicía aquel: nunca chove a gusto de todos.
Mentres tomo o café miro e vexo o meu reflexo no cristal do escaparate que teño enfronte. É como se me mirara ó espello do baño, e sen bafo, claro. Moitas veces o maldito bafo non deixa ver o que se quere ver, ou o que hai que ver. Agora mesmo, a maiores de verme a min mesmo, tamén vexo á xente que pasa; porque miro de esguello ou torcendo a cabeza.
A xente mete ruído. Os coches meten ruído. O aire mesmo mete ruído. Definitivamente, vouno coller e pechalo nunha urna de cristal para que todo quede en silencio. É certo que cando non hai silencio, bótase de menos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES