Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Querer implicarse

jueves, 08 de septiembre de 2022
Na vida preséntasenos multitude de opcións.
Unhas aceptámolas e outras descartámolas.

Todos desexaríamos escoller as de maior proveito para o noso crecemento persoal; pero eso costa certos sacrificios que, en ocasións, non estamos dispostos a aceptar.

Aínda así convén implicarse por causas que merecen a pena como son: OS VALORES.
OS VALORES DOS QUE TANTO SE FALA E TAN ESQUECIDOS SE TEÑEN.

FÁLASE MOITO, PRECISAMENTE, PORQUE SE BOTAN EN FALTA.
-Cando os proxenitoreses se senten desatendidos ou mal atendidos na súa ancianidade, sángralles a alma e bótanse as mans á cabeza...

-Cando certos pais ven que teñen perdido o control sobre os fillos, piden axuda ós mestres e estes botan contas.
¡Unha mágoa!
¿Que futuro lles espera a esas criaturas?

-Cando vemos xente nova botada a perder, que non se coida a sí mesma...
¿Qué pode facer polos demais?

¿NON TERÍAMOS QUE IMPLICARNOS MOITO MÁIS EN POÑER A LEI DE DEUS NAS NOSAS VIDAS?

¿Ou pensamos que con psicólogos, psiquiatras e centros penitenciarios xa se amaña o mundo?

¿NON ESTARÁ ALGO ESQUECIDO O TEMOR DE DEUS?

Di a Sagrada Biblia que O TEMOR DO SEÑOR É O CAMIÑO DA VIDA, QUE PROLONGA A VIDA, QUE É MELLOR QUE O OURO, É O COMEZO DA SABEDORÍA.
Moita xente de hoxe en día ignora a Deus, non é capaz de velo na propia natureza nin na súa propia vida e, polo tanto, tampoco pensa que Deus premia ou castiga as súas obras.
E, se non ten temor de Deus, tampoco lle importa nada enganar ó próximo, mentir, estafar, explotar, matar...

Así non imos ben.
Temos que dar moita importancia á formación da conciencia.
Non vale con poñer parches: que se educación para a ciudadanía, que se tal ou cual con tal de que ninguén se "traumatice".
Tódalas axudas son necesarias, pero non suficientes.

A VIDA MARCA A TODOS: A UNS DUNHA MANEIRA E A OTROS, DOUTRA.
A diferencia está en que unhas resultan persoas positivas tanto para o seu crecemento interno como para a evolución da especie.
Outras, pola contra, nin son felices nin fan felices ás outras, nin axudan a construir un mundo feliz.

Vale que unha persoa se manifeste atea, agnóstica, ou o que queira; PERO ESO NON A EXIME DE QUE TEÑA QUE LEVAR UNHA VIDA COMO DEUS MANDA. Unha vida como é debido.

Está claro que:
Se poñemos o ouro antes que a Deus...
Podemos construir torres moi elevadas, revestílas de ouro, etc,etc...
Pero aínda que a gaiola sexa de ouro, se non reinan os valores internos, todo remata sendo "cascallo".

Así é como nos encontramos con moitas persoas baleiras por dentro aínda que por fóra non lles falte de nada.

As persoas maiores constatan como ós seus netiños TEÑEN MOITÍSIMO MÁIS DO QUE TIVERON ELAS pero non son mellores persoas nin máis felices.
Levan unha vida doutra maneira; pero non máis feliz nin máis enriquecedora.
Fáltalles algo: OS VALORES CRISTIÁNS NOS QUE FOMOS EDUCADOS OS QUE AGORA ESTAMOS NA TARDE DA VIDA.

DUNHA BOA PARTE DESTA AUSENCIA DE VALORES TAMÉN SOMOS CULPABLES OS SÉNIORS ACTUAIS
Pensamos que o ter era máis importante que o ser a agora toca implicarse en recuperar algo que nunha se deberá perder: OS VALORES CRISTIÁNS.
E cómpre facelo axiña porque dentro de pouco non quedará quen llelo conte.

"AÍNDA ESTAMOS A TEMPO"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES