Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 07 de septiembre de 2022
¿Para que os desexos?

Alguén me quixo dicir nunha canción que pedira un desexo. Eu, aproveitando que viña no atallo e que sabía que non me oiría ninguén, berreille que para que? Como volo digo! Non me cortei un carallo! Para que vou pedir un desexo se a maioría deles non se realizan, non se cumpren! Sei seguro que se quero asaltar un banco, a policía, que, na realidade, non é parva, atrápame nun chiscar de ollo. É máis, faino xa no propio banco. Pingas de Orballo Se pido un autorretrato dunha supermodelo ante un espello, vaime dicir que o puto espello está cheo de bafo. Para que pedir desexos!
Confeso que naquel momento, quen cantaba, se se amosara fisicamente polos auriculares, igual lle roía as entrañas. Porque dá carraxe que che digan que pidas un desexo cando sabes de antemán que non se levará a cabo. Esaxero un pouco no de roerlle as entrañas. Quen cantaba era unha cantante e eu, hoxe, en principio, aínda son un cabaleiro. Creo. Ó mellor son un malnacido. Ou un asasino. Non, isto sei que non, porque, repito, a policía no é a das películas (que sempre chega tarde, mal e nunca) e cacharíame xa descolgando o fouciño da palleira. Porque isto si, se algún día mato será cun fouciño (a arma por antonomasia da Galicia profunda). Ese si sería un desexo para cumprir.
Desexo rematar ben todo isto: que aínda que a min non se me cumpran, oxalá os desexos de todos vós se fagan realidade. Ante isto, non me queda outra que rir polo baixiño. Vedes como de cabaleiro, pouco?
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES