Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

30 anos de Constitución

lunes, 03 de noviembre de 2008
Aínda que haberá que agardar ata o próximo seis de decembro para celebrar os trinta anos da súa promulgación oficial pero o pasado trinta e un de outubro xa se cumpriron trinta anos desde a súa aprobación polas Cortes.

Parece que foi onte, e xa son millóns os que naceron neste tempo diferente e libre que rachou con todo o anterior. Que propiciou que os que vivimos nunha etapa escura que durou corenta anos puidesemos integrarnos con plenitude de dereitos e deberes nunha etapa nova, de liberdade, onde as votacións non son un xogo, onde eliximos quen nos goberne, onde podemos expresarnos en liberdade, aínda que siga a haber tachas que demostran que ningún sistema é perfecto pero a democracia é o máis válido dos sistemas imperfectos.

E despois da Constitución veu o Estatuto. O Estatuto de Galicia, herdeiro do que en 1936 foi sofocado pola rebelión militar, que proporciona a Galicia un instrumento de autogoberno no que a administración propia deste país vai asumindo cada vez máis competencias gobernadas desde Galicia para os galegos, aínda que teñamos que volver a indicar que nada hai perfecto baixo o sol e tamén ese noso gobernarnos permite melloras.

Hai trinta anos en que todo empezou. Neste aspectos somos nenos na democracia, mentras outros paises do contorno nos levan décadas ou séculos de experiencia democrática. Pero deámoslle tempo ó tempo, que andando faise camiño, e camiñando apréndese.

Os nosos devanceiros tiñan un refrán ben expresivo :” A dar cabezadas apréndese a andar”. Camiñamos. Camiñemos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES