Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A ledicia da chuvia

miércoles, 07 de septiembre de 2022
O 1 setembro quixo traernos chuvia e fíxome lembrar cando meu avó dicía que Galicia era rica porque tiña auga. Quizais nunca lle demos a importancia debida pero é certo que nas ensinanzas dos avós estaba o gran tesouro da auga.

Este primeirode setembro,na Coruña, choveu pola mañá e foi unha ledicia inmensa. Cando era cativo e chovía tal día como hoxe era un preludio de un outono - inverno húmido. Nestes tempos o medo é que sexa un espellismo...

Coido que o escrito describe a realidade. Polo tanto, a persoa que a negue, alá ela e a súa conciencia. Fronte a isto tamén hai quen procura solucións como recoller e usar a auga de chuvia. Está claro que precisamos (aínda que chova) concienciarnos e facer unha xestión eficaz e eficientes, non valen escusas nin desculpas. Xa é hora de compartir e iso implica rexeitar proxectos industriais non sostibles e inviables ecoloxicamente.

Ante un inmenso potencial endóxeno é unha obriga moral apostar pola sustentabilidade. Só ela é quen de garantir a ledicia da chuvia.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES