Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 06 de septiembre de 2022
O colgado

Os primeiros en chegar foron os periodistas locais, pero non tardaron en facerlle compañía as televisións, desde as locais ata as nacionais, con algunhas autonómicas, por suposto. O asunto semellaba que daba para moita algueirada. Dun balcón colgaba un home cos brazos en cruz e atados ós barrotes. O home seica era Saturnino, o fillo da Aguillada e do Sabugueiro. O paisano xubilado que levaba a voz cantante estaba a cantarlle todo ós medios de comunicación.
Pingas de Orballo Que levaba xa catro días colgado. Que iniciara a acción no balcón porque, ante as persianas medio subidas ou medio baixadas, pensou que ela estaba na casa. Aquí, o paisano xubilado baixou a voz para dar a entender que ela sería o amor del, de Saturnino, O Escalambrón. Que ela, onde realmente estaba, seica era no Caribe, de vacacións e sen intención de volver axiña, segundo a chamada que lle fixo o mesmo paisano para explicarlle o asunto.
Alguén dos medios cortou a prédica, o sermón do paisano para saber o motivo ou motivos de tal proceder do Escalambrón. O xubilado, como non, sabíao. Que pensaba botar alí colgado o tempo que fose mentres ela non lle dese un bico. Aquí volveu baixar a voz para... "enténdese que será nos beizos". Emporiso, ela seica lle berrou por teléfono (ó paisano xubilado) que lle podía trasladar a mensaxe "ó colgado" de que xa podía apodrentar, que non pensaba darlle tal bico a tal elemento. Non obstante, e como se ve, Saturnino espera. Colgado, pero espera. Pobre, a espera semella que vai ser longa... no tempo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES