Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 02 de septiembre de 2022
Todos para un, un para todos

E todos nós coñecemos este famoso lema dos tres mosqueteiros, esa famosa e marabillosa novela de Alejandro Dumas. Pero o que descoñecedes todos, a excepción dun fillo meu e dun servidor, é que os mosqueteiros existen na realidade e na actualidade. Pingas de Orballo Como tamén existe o d'Artagnan. Os catro viven xuntos na mesma casa. No mesmo lugar: Parada de Piñor.
Xoel e este paisa que escribe levamos unha temporada que se nos deu polas andainas. E subimos moitas veces por Parada de Piñor para achegarnos ata San Bieito da Cova do Lobo. O principio colliamos a pista de Parada desde o seu inicio, pero xa hai tempo que atallamos polas rúas da aldea. Pola rúa que subimos e cara ó final axiña nos atopamos cos tres mosqueteiros e d'Artagnan.
Os tres pequenos cans saúdan cos seus ladridos desde detrás dunha cancela de ferro e d'Artagnan dando voltas polo patio, atusmando, guichando. Para min que, León (d'Artagnan) dille ó Patrás (Athos) que se coloque na esquerda, ó Faustino (Porthos) que se poña no medio e ó Lesi (Aramis) na dereita, e que se fagan anunciar. Vaia se o conseguen. Quizais porque como levo sempre a vara do Cares, que na punta leva unha protección de metal, esta mete o ruído suficiente como para anunciar a nosa presencia desde a distancia. Así é que esperan en posición e facendo uso do coro, dos seus ladridos ou ouleos. Sempre os mesmos tres ladrando e d'Artagnan á expectativa. Como xa nos gusta velos, agora sempre pasamos a propio intento por alí. E alí están todos para un e un para todos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES