Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 31 de agosto de 2022
A muller da foto

O fillo da Asunción é deses que fai e non fai, que tan ben se lle dá por un movemento frenético como quedar quieto, é dicir, que a nugalla non lle deixa facer nada. Acaba de ler en algún lado sobre unha exposición de fotos moi cerca da súa casa. Optou pola opción do movemento frenético. Nun chiscar de ollo entraba na exposición. Pingas de Orballo Eran fotos diversas, sen temática, mesturadas as de cabalos co mar, as de nubes con alcohólicos, as de santos con diaños. E xusto no medio da sala foi cando a viu. A foto. E a muller da foto. Quedou coma cravado no chan, co corazón petándolle tanto no peito que mesmo o mancaba. Ela, a muller, deixa ver un peito e parte do outro. O que se vía, axiña o asimilou coa inmensidade do océano, onde o bico do peito representa unha illa de esperanza e a aréola é a praia que arrodea. A cor da aréola é como a area quente que se pega á pel; e a negrura do bico do peito é como a escuridade nocturna do desexo.
No outro peito tan só alcanza a ver media mamila, pero suficiente para que o fillo da Asunción soñe co que non se ve. Sábese que o que está oculto, o que está prohibido é o que máis tenta, o que máis excita, o que máis se ansía.
Logo de pasmar ante a foto da muller, deixa que os seus ollos percorran o enorme sorriso dela e mesmo lle gusta a gorra militar que leva sobre a cabeza, e unha cadea de ouro baixando en forma de V polo seu peito. O fillo da Asunción, naquel momento, quixo ser cadea e a suor que baixa por entre os dous seos. O fillo da Asunción visitou a exposición todos os días. Perdón, visitou a foto da muller. Ou a muller da foto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES