Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Comprar barato

viernes, 31 de octubre de 2008
A cesta de compra en Galicia é a máis barata de España, segundo ven de constatar a Organización de Consumidores e Usuarios (Ocu) nos seus estudios periódicos sobre a realidade e evolución das compras dos productos de primeira necesidade.

Ourense, Pontevedra e Vigo son das ciudades onde a compra é máis asequible, se ben dentro de cada cidade hai que buscar as pequenas ou grandes superficies máis asequibles, porque pode haber diferencias moi importantes.

A cesta da compra é un dos aspectos máis importantes no presuposto familiar, e por eso o seu estudio e análise, o saber elixir os lugares axeitados para comprar repercuten de xeito moi importante, na economía diaria das familias.

Pero en principio estes temas económicos ou socioeconómicos non poden tomarse de xeito individual ou absoluto senón que pola interrelación de moitos factores todo é relativo, e a noticia de que en Galicia se compra barato trae consigo a consideración de que tamén aquí os soldos son moito máis baixos, o nivel de vida máis modesto.

Falta un estudio máis completo que indique cal é a relación entre salarios e coste de vida, con detalle en cada un destes aspectos.

Mercamos máis baratos pero si os ingresos son moito menores pode que, por comparación, a compra nos resulte moito máis cara que nas zonas máis desenvolvidas do estado español.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania