Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eso é a vida

jueves, 01 de septiembre de 2022
Se fixeramos unha enquisa a nivel de rùa sobre como entende cada quen a vida, seguramente teriamos respostas moi diferentes.
Cada un: "fala da feira según lle vai nela".

QUE A VIDA TEN TRABALLOS, NINGUÉN O PON EN DÚBIDA.
Se non costara traballo tampoco lle daríamos o valor que ten.

QUE A VECES É MOI INXUSTA, TAMÉN É BEN CERTO.
A veces ata parece que imos cara un mundo sen rumbo.

PERO TAMÉN TEMOS QUE VER O LADO POSITIVO DA VIDA QUE É O QUE NOS MOVE A SER FELICES E UN POUCO MELLORES CADA DÍA.

Así:
-NACER NORMAL XA É O MELLOR REGALO QUE SE NOS PODE FACER E QUE TEMOS QUE AGRADECER.
Celebrar a alegría da vida: compartir, aprender, arriscar, soñar, disfrutar, amar, recibir amor...
¡Que maravilla!

-NACER NUNHA FAMILIA CON BOS PRINCIPIOS É ALGO ASÍ COMO UN ESCUDO PROTECTOR PARA DEFENDERSE.
Para saber comportarse na casa.
Para ter unha infancia feliz.
Para sentir moito cariño e moita protección.
Para saber aproveitar a formación para ser unha persoa de ben.
Para saber estar en sociedade.
Para saber ir pola vida...
Eso non se sabe o valor que ten ata que se experimenta en carne propia.

-TER UN CORAZÓN QUE FOI EDUCADO NA XENEROSIDADE:
É unha riqueza moi grande porque un corazón xeneroso sempre ten motivos para agradecer e cando se agradece é porque o corazón rebosa de felicidade.

-SENTIRSE ÚTIL PARA AXUDAR A OUTROS:
É un motivo de satisfacción moi grande porque facer felices ás persoas que nos rodean é como un seguro de vida para que nós tamén nos sintamos felices nese ambiente.

-EXPERIMETAR QUE HAI PERSOAS QUE NOS QUEREN:
É un regalo de incalculable valor porque os que nos queren é porque tamén se sinten queridos por nós.
Un gozo inmenso tanto para quen ama como para quen se sinte amado/a.

Afortunadamente hai moitísimas persoas no mundo que se plantexan a vida desta maneira.
Persoas de tódalas latitudes e de tódalas clases sociais.
Persoas coñecidas, persoas descoñecidas...
En definitiva: PERSOAS DO BOA MASA, que é o que conta.

Grazas a elas, a vida é moito máis levadeira, os problemas encontran solución, a vida merece ser vivida con entusiamo, con optimismo e con gañas de vivir.

Entende-la vida en sentido contraio non merece a pena.
A vida regálasenos para ser vivida con gozo e coa esperanza de que cando esta se acabe, as nosas obras seguirán vivas a través dos tempos porque outros as continuarán.

Daquela...
COMO É QUE CADA DÍA HAI MÁIS PERSOAS QUE NON LLE ENCONTRAN SENTIDO Á VIDA?

Cando unha persoa non lle encontra sentido á vida, non o fai por capricho, faino por unha serie de circunstancias nas que todos tomamos parte de modo activo ou pasivo.

Seguramente deberíamos pensar máis nas persoas que nos rodean e menos en nós mesmos.
AS PERSOAS QUE NOS RODEAN NECESÍTANNOS MOITO MÁIS DO QUE IMAXINAMOS:
Necesitan que sexamos empáticos con elas.
Necesitan que lles botemos unha man cando as vemos en necesidade.
Necesitan sentirse membros dunha sociedade da que todos formamos parte.

Dalgunha maneira todos estamos implicados na calidade de vida dos que nos rodean.
Trátase de querer implicarse.

"QUERER IMPLICARSE"
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na sua consideración nesta ocasión
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES