Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 30 de agosto de 2022
O soño e a realidade

Soñei que o vento era auga, pero non che era así; que va. O vento era aire que fungaba. Agora, por certo, xa non é nada. Porque todo está en calma. A realidade e a ficción, ás veces, queren diverxer en algo, e o único que conseguen é mesturarse para que non entendamos nada. Sempre queremos que os soños sexan reais, mais a realidade, ó final e como sempre, pon a cada un no seu sitio, no seu lugar. E iso que soñar é ben bonito, pero...
Pingas de Orballo Pero sigo soñando que a luz era un trono; mais tampouco era así. A luz era o lóstrego que racha o espazo en silencio. O que mete ruído é o trono. O lóstrego é coma ese latexo que zumba, que zorrega e que rebenta de ansiedade porque, neste caso, a realidade vai moito máis alá do soño. Mesmo do soño bonito. Hai lóstregos ou latexos que fan choutar moito. E non hai como o brinco que excita.
E por moito que diga, que faga e que deixe de facer e dicir, sei que seguirei soñando coa lúa en cuarto minguante facendo ruído. Non obstante, a noite amósame a lúa chea (ou vella) nun completo silencio, no que non queda outra que simular ou finxir a voz de Amaral para que o universo flote sobre min. Entre o silencio e o ruído hai un compás de espera no que non pasa nada; nin o soño é máis soño, nin tal soño se volve pesadelo. Porque a realidade é o tempo que pasa en silencio e facendo ruído. O soño é ese sorriso aberto, moi aberto e eterno, sempre eterno. A realidade tamén é o réquiem, o requiescat in pace do soño. Pobre soño. Maldita realidade.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES