Elexid@s dos cento e pico
Santalla, Iago - miércoles, 31 de agosto de 2022
Con 110 anos finou en Barbeiros (Ordes) Carmen Noche Porro. Era a avoa de Galicia e cédelle a testemuña ao pintor vigués Luís Torras, un ano máis novo. Carmen herdara o título en decembro cando finou María Luisa Vázquez con 111.
Parece que somos terra de centenarias e centenarios polo tanto algo faremos ben...
Os exemplos que se ofrecen no Quincemil e La voz de Galicia viven no seu domicilio e son atendidos polos seus. Velaí o esforzo das familias. Velaí a súa humanidade. Vivimos en terra acolledora e solidaria que sacha calidade de vida. Aquí, dentro das posibilidades de cadaquén, coidase no fogar e, cando non é posible, fanse visitas...
É para sentir orgullo. Tiña razón, de novo, Manuel María: somos tribo e a tribo transmite humanidade pel con pel. Sigámolo facendo porque a humanidade sempre brilla.
Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora