Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (22)

viernes, 26 de agosto de 2022
Lenda da Lagoa de Cospeito (5): A petición de leite

Cuba, Reigosa e Miranda falan tamén da existencia dunha rica cidade onde os Valuros celebraban grandes festas e rendían cultos a deuses pagáns, que se supón ser moitos, aínda que entre eles, adoraban tamén ao deus Baal que trouxeron xentes estranxeiras. Coidamos, pois, que Baal é un dos deuses pagáns que máis chama a atención ao longo dos séculos, pero tamén hai A misteriosa e incógnita Valura (22)outros deuses que se atopan nesa categoría de pagáns e que poden ser os deuses celtas dos que falamos noutras ocasións cando tratabamos o politeísmo, gnosticismo e panteísmo celta xunto co priscilianismo.

Seguindo coa lenda, un bo día chega á cidade de Valverde a Virxe María pedindo esmola (Que pida esmola a Virxe María, parece ata natural, mais que pidan esmola algúns Valuros non é para que os traten a todos como esmoleiros, cousa contraria á mesma lenda porque segundo ela a enorme maioría do pobo vivía ben e celebraba grandes festas que son contrarias á petición de esmolas). Ante a petición de esmola por parte da Virxe, todos a rexeitan expresando unha grande indiferenza e chegando incluso un zapateiro a guindarlle un zapato á cara á mesma mai de Deus, o que nos volve a subliñar a maldición do pobo Valuro con esta aldraxe á Virxe, nada máis e nada menos que o tratamento da lenda leva consigo o chimpar un zapato, prenda que no seu acaecer leva no seu proceder a encarnación do desprezo por ser, o zapato, aquilo que se pousa na terra e tripa todo o que atopa debaixo dos pés, de aí a súa connotación de obxecto sucio que pisa desde a lama da corredoira ata a podremia e os excrementos e feces dos animais, pero non só A misteriosa e incógnita Valura (22)iso, senón que hai que engadir o feito de que o zapato recolle os malos cheirumes e suores dos pés.

A condición de Valuro queda, como vemos, cuestionada, ao non haber peor prenda que denote e connote desprezo despois de poñer os pés enriba da mesa -como fixo Aznar nunha foto histórica-, que arrebolar un zapato e por riba de todo, á Virxe Santísima.

De todo o pobo de Valverde tan só unha muller chega a acollela na súa vivenda, é unha muller pobre, como se supón, e fálalle da descrenza na que vive aquela xente, -Amor Meilán dinos que este pobo lle nega o culto a Santiago-.

A Virxe, pídelle a esta muller unha cunca de leite, supoñemos que para o seu fillo ou tamén para ela mesma, como recuperador e reparador da enerxía gastada. A muller respóndelle que ela é pobre e que non ten vacas; ante esta situación a Virxe respóstalle que é tan certo que as ten como que a cidade de Valverde desapareceu asolagada por un diluvio por mor da súa incredulidade e idolatría.

Volvemos outra vez a estar na situación de pobo maldito por non crer na relixión cristián.

Despois da inundación aparece no alto do monte unha capela chamada a da Nosa Señora do Monte que pon termo a esta variante da lenda da lagoa de Cospeito.

Salve Valuria!

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela


NOTAS:
CUBA RODRIGUEZ, X. R.
REIGOSA CARREIRAS, A.
MIRANDA RUÍZ, X.- Diccionario dos Seres Míticos Galegos. Ed. Xerais. Vigo, 1999
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES