Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 24 de agosto de 2022
A menos

A cabeciña vai a menos. Acabo de saír da casa sen música. Iso é terrible! Como me entreteño agora camiño da Valenzá, ata o medio da Valenzá? Hai un bo traxecto. Teño a opción de asubiar uns temas de Ennio Morricone ou de cantaruxar algún Pingas de Orballo retrouso de Sabina. Pero non é o mesmo. Non é o mesmo unha imitación que a orixinalidade. Nin é o mesmo un roto que un descosido.
Calquera día esquéceseme a conciencia. Ou a ilusión. E non quero perder nin unha nin a outra. Nin tan sequera sendo a conciencia negra. Que non a é. A ilusión... a ilusión é o mesmo que a esperanza, que sempre se di que nunca hai que perdela. Eu, sinceramente, non a perdo nunca. Nin a unha nin a outra. Pero con esta cabeciña...
Algúns pensarán que o da cabeciña é a causa da idade. Que va! Se estou precisamente na mellor idade, na madurez; onde a experiencia vale un grao e a inocencia... a inocencia foi o que foi. Se aínda tivera 74 anos, que é cando seica empeza a vellez, podía aceptar o de esquecementos varios. Pero a madurez, a madurez é marabillosa. Serán entón as neuronas, que ás veces atrófianse, outras veces mexan fóra do cacho e outras quedan contemplando os biosbardos, ou sexa, a velas vir.
A cabeciña vai a menos, pero a música, a ilusión, a esperanza, a madurez, os sentimentos, a conciencia, as ganas ou ansias, as forzas e soños seguen todo intactos, seguen loitando contra ese esquecemento ou despiste que temos incluso os máis listos e agudos do lugar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES