Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Auga deusa

miércoles, 24 de agosto de 2022
Auga deusa, non te vaias,
o deus sol vainos queimar.
Non nos deixes, deusa nosa,
pois sen ti mañá non hai.

Auga amiga, compañeira, gran milagre.
Auga chuvia, auga mar.
Auga enchendo o fol da nube, a que enchoupa o herbal, o lameiro e a porcapreña.
Auga santa e mais bendita pra aturar a dor da vida, auga nai, auga larga pra en mar vogar e mais soñar.
Auga fonte xenerosa pra parar e mais cantar, auga pra no picho a bicar.
Auga pra lavar a face e maila planta dos meus pés.
Auga pra a Deus loar.
Sons das augas da fervenza -branca cola en besta brava- que aprendeu sen dor nin medo a arte bela de brincar.
Augas dos fondóns da terra.
Augas limpas que as troitas fan bailar.
Auga en flor da nevarada, augas lazo de cristal ou de puñal, auga pinga na orballada e na arpa arume do piñeiral.
Auga la da néboa mesta que dende o mar e dende os ríos vai roldando pra amansar a ardentía.
Romper augas pra dar a luz.
Xuntar augas pra Fenosa as enfiar.
Augas-mares pra as nacións arrodear.
Augas tumba pra que os parias e migrantes deste mundo en paz á fin poidan morar.
Auga audaz pra que os lumes galopantes -feras fauces de león- ben decidan no intento afociñar.
Auga en presa ben levada -mansa grea- que descendes paseniño veiga abaixo, verdor dando ós saltóns do meu herbal.
Auga irada que nas cheas da arriada río abaixo lixeira abancas, arrincando barís carballos e mais rexos bidueiros.
Augas amplas e podentes as dos mares. As que gustan de roldaren e acougaren sobre ignotos e impolutos areais. As que levan nos ombreiros sen cansazo ignotas naves e aceiradas estruturas. As que agachan nas entrañas moita e sabia criatura co bo fin de defendelas da avaricia dos humanos.
Augas de azuis mares que reflicten en si mesmas altos ceos que alá arriba a ollar están.
Auga amarga e salgada a do eterno mar sen par, na que acougo á fin atopa -ríos nós- este noso inquedo andar, a amargura de finarmos e as bágoas desprendidas ante o encontro co sen fin da eternidade... Sempre alí, no entanto, xa antes estaba -colo morno-, brisa dando e mais alento a este noso dubidante camiñar.
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES